/PRÓXIMOS PARTIDOS, 11ª XORNADA.

PRÓXIMOS PARTIDOS, 11ª XORNADA.

  Comeza a segunda volta para o FisiomásZalaeta na competición de SF2 con desprazamento a Avilés para enfrentarse ao equipo local AD La Curtidora.
  Último partido do ano e antes do parón do Nadal, o equipo de Jorge Barrero desprázase a terras asturianas para enfrontarse ao seu inmediato seguidor, para enfrontarse a un rival importante na súa loita por manterse e alcanzar o grupo medio da táboa.
  La Curtidora, 2 vitorias 7 derrotas, unha delas no Barrio, é a priori un dos equipos alcanzables da táboa, e puntuar na súa cancha, importante para as coruñesas para poder afrontar mellor os seguintes partidos nos que en primeiro lugar recibirá ao líder, o CV Torrelavega.
“Será un partido complicado, dinos J. Barrero, nós gañámoslles no primeiro partido da tempada, agora todos os equipos están máis rodados, e hai que ter en conta que La Curtidora impúxose ao Tenerife no seu último partido na casa. Non regalarán nada, teremos que mostrar a nosa mellora cara se queremos lograr algo positivo.”
 
  O partido, o sábado 19 ás 17:30 no Pabellón de la Magdalena de Avilés.

LIGAS GALEGAS

  Mentres tanto nas ligas Galegas, o equipo CV Zalaeta de 1ª Div Infantíl, na parte baixa da táboa, dá por finalizado o ano cun aprazamento do seu encontro co Fontán Álvarez X. Teis.
  En categoría cadete, os conxunto CV Zalaeta de 2ª Div Autonómica, enfróntase ao Voleibol Dumbría o sábado 19 ás 11:00 no Municipal de Dumbría.
  O equipo do Instituto, vén de gañar na casa ao Xuvenil Teis C por 3-0 despois de realizar un bo partido ante un numeroso público no Barrio da Flores, no que todas as xogadoras estiveron presentes nas rotacións, e ocupa a primeira posición da clasificación, aínda que de maneira provisional, co CV Ourense en segunda posición pero cun partido menos. 

  O equipo de 1ª Div Xuvenil, Autos Cancela Zalaeta, desprázase a Boiro para xogar ante as locais do Jealsa Boiro Voleibol. O equipo de Tania perdeu o seu enfrontamento ante o Xuvenil Teis nun gran encontro protagonizado polos dous equipos no que se impuxeron as visitantes nun axustado 2-3. Boas sensacións deixan as xuvenís, a pesar da derrota, bo xogo e concentración para remontar cando é necesario que tratarán de materializar cun triunfo a domicilio que lles permitan manterse co grupo de cabeza antes do descanso do Nadal.

  O partido Jealsa Boiro Voleibol  Vs  Autos Cancela Zalaeta  sábado  ás  17:00 na Cachada.

  Tamén en Boiro xoga o Autos Cancela Zalaeta de 1ª Div Senior.  Na última xornada perdeu o Boiro, 5 vitorias e 5 derrotas, e agora tratará de desfacer o empate no seu marcador ante o Zalaeta, 7 vitorias e 3 derrotas, que quererá abrir oco para achegarse á cabeza da táboa, na que ocupa a terceira praza.

  Os partido Autos Cancela Zalaeta  Vs  Jealsa Boiro Voleibol sábado ás 18:30 na Cachada.