/PRÓXIMOS PARTIDOS

PRÓXIMOS PARTIDOS

 

  Xornada 25 de SF2 con derbi galego que enfronta ao Xuvenil de Teis co Autos Cancela Zalaeta, o sábado ás 18:15 no Municipal de Teis, dous equipos que se atopan en posicións opostas na clasificación, o Zalaeta defendendo unha praza para xogar polo ascenso e as locais pechando a táboa.

  Desprazamento do equipo do Instituto a falta de 2 xornadas para que finalice a liga regular, cando ocupan a 2ª posición e con opción de facerse, provisionalmente, co liderado do Grupo A se logran unha vitoria de 3 puntos.

  Bo ambiente nos adestramentos do conxunto de Barrero e tranquilidade despois do partido disputado o pasado sábado no que se obtivo unha vitoria traballada na que se marcou o ritmo do xogo e no que primou o labor do grupo. O bo momento de xogo que atravesa o Zalaeta e os 50 puntos da 2ª praza, dan pé a pensar que todas as opcións son posibles. O Extremadura descansa esta semana, por tanto non puntúa, seguirá con 52 puntos; o VP Madrid, 49 puntos, ten unha saída complicada para visitar ao Torrejón que ocupa a 5ª praza, e que aínda que non ten posibilidades para a clasificación, non quererá ceder o posto ao Leganés que lle vén moi preto. O Torrelavega podería ter opcións, pero saberase despois dos resultados do sábado dos 4 primeiros equipos.

  As xogadoras coruñesas están a realizar un gran final de tempada, e xornada tras xornada continúan en primeira liña e destacadas nos Tops da Xornada. Unha vez máis Emma Ordoñez continúa destacando como realizadora, e aparece como 2ª mellor atacante e 3ª máxima anotadora, o que lle dan un posto no Sete Ideal da Xornada.

  O resto de partidos dos equipos do club, son os seguintes:

  O equipo Cadete Zalaeta B medirase ao CVP Pomasa o sábado ás 11:00 no Pavillón do Instituto, e pola tarde, desprazarase a Teis para xogar, ás 16:00 co C. Vigo Voleibol. Partidos encadrados no Grupo D de promoción, que disputarán unha liga a dúas voltas.

  A Teis desprazarase tamén o equipo Xuvenil Zalaeta B o sábado, para enfrontarse ao C. Vigo Voleibol tamén en Teis e ás 16:00, en xornada correspondente ao Grupo F de promoción.

  Pola súa banda o equipo Infantil Zalaeta A de 2ª división, enfrontásese ao C. Aldebarán de S. Sadurniño nos cruces de Promoción polo Ascenso, competición na que xa eliminaron ao XAV Cambados, agora toca disputar a clasificación co líder da Liga Regular. O domingo ás 10:30 no Pavillón do Instituto, e ás 12:00, o equipo Infantil B xogará ante o Voleibol Maniotas no mesmo escenario.

  As Xuvenís A teñen esta fin de semana o Campionato Galego de Voleibol Feminino, que organizado polo Calasancias Coruña, disputarase nas instalacións do Colexio Calasancias o domingo 31 a partir da 10:00.

  Organizado en xornada de mañá e tarde, se diputarán as semifinais en horario de mañá, ás 10:00 dará comezo o partido que enfrontará nun derbi local a Calasancias Coruña co C.V. Zalaeta. Ambos os conxuntos dispoñerán das suas xogadoras ao completo, e dun partido de resultado incerto, sairá un equipo finalista que se enfrontará ao vencedor da 2ª semifinal.

  A continuación, ás 12:00 a 2ª semifinal xogarana EMEVE de Lugo co CONAVI Xuvenil Teis, pola tarde ás 17:00 os perdedores dos partidos da mañá enfrontaranse polo 3ª e 4ª posto, e a partir da 19:00 disputarase a final que decidirá o Campión Galego e as prazas para o Campionato de España entre os vencedores das semifinais.