Regresa a competición ao Barrio, comeza a segunda volta da liga de SF2 e con ela o espectáculo do voleibol, cun encontro no máis alto do Grupo A, o enfrontamento entre os dous primeiros clasificados, Autos Cancela Zalaeta e Extremadura Arroyo.
Ambos os conxuntos veñen de xogar Copa Princesa celebrada en Mallorca na que caeron eliminados nas semifinais en senllos partidos difíciles e complicados que se resolveron no quinto set. As estremeñas ante o JS Hotels Ciutat Cide e as coruñesas ante o Kiele Socuéllamos, ao cabo vencedor do torneo copeiro.
O Arroio vén cun partido máis de competición xa que iniciou a segunda volta en casa ante o Leganés, ao que derrotou por 3-2 cedendo un punto, mentres que as de Barrero estréanse en casa na competición este 2019, coa oportunidade de superar na clasificación ao rival se logran manter o refacho de vitorias na súa cancha.
Para J. Barrero “volvemos á normalidade despois de xogar cópaa Princesa, a tratar de manter o nivel demostrado nos últimos meses de competición, e ademais facémolo contra o rival máis difícil do grupo co que estamos empatados na cabeza da táboa. Será un encontro complicado que esixirá o mellor do equipo, moita concentración e un ritmo alto de xogo”.
O partido, o sábado ás 19:00 no Barrio das Flores a afección coruñesa ten unha cita co voleibol feminino de SF2.