/SEGUNDA VOLTA DA LIGA REGULAR

SEGUNDA VOLTA DA LIGA REGULAR

Finalizada a primeira volta da SF2 con derrota no Barrio diante do líder UC3M Voleibol Leganés, o equipo do Instituto ocupa a 4ª praza co Torrejón en quinta posición, ambos con 22 puntos.

Así comeza a segunda volta da liga Regular cunha disputa pola cuarta praza ao longo do que resta de competición entre a coruñesas e as torrejonenses. A xornada 12 depara para o Zalaeta un desprazamento á illa de Tenerife para enfrontarse co Arona Less4More, equipo que ocupa as últimas posicións e en cuxa cancha as do Instituto álzanse coa vitoria: 1 – 3 (22-25/12-25/25-21/21-25) mantendo a 4ª praza mentres na cabeza da clasificación o Leganés perdía diante do FEEL Alcobendas o liderado que lle arrebataba o Fede Ascensores La Laguna. Nova vitoria en casa na xornada 13 ante o RGC Covadonga, as de Barrero impóñense por 3 – 0 (25-6/25-14/25-20).

A vitoria diante do VP Madrid 1-3 (12-25/25-14/4-25/21-25) no desprazamento á capital na xornada 14 supoñen ampliar a distancia co Torrejón, que cae derrotado ante o Aguere, e consolidar a 4ª posición na táboa. Na xornada 15 a competición regresa ao Barrio cun enfrontamento diante do CV Torrelavega no que se impoñen as locais cun resultado de 3-1 (25-22/19-25/25-23/25-20), resultado que afianza ás do Instituto na 4ª praza coa derrota de Torrejón en Astillero.

A xornada 16 depáranos un enfrontamento co Torrejón no seu feudo, o Pavillón José Antonio Paraiso, partido moi disputado no que se impoñen o locais pero cun resultado axustado que non inflúe na clasificación: 3 – 2 (21-25/25-23/18-25/25-20/15-6).

Regreso ao Barrio das Flores na seguinte xornada, a 17, cun enfrontamento co terceiro clasificado, Feel Alcobendas en plena loita polos postos que dan o pase á Fase de Ascenso á liga Iberdrola. O partido desenvólvese cunha gran afluencia de público que presencian un gran partido, un dos mellores xogado no Barrio na presente tempada, que resulta moi competido e de moita calidade entre os dous contendentes, finaliza cunha repartición de puntos: 2 – 3 (25-23/19-25/15-25/25-23/13-15) que non alteran a clasificación pero sérvenlle a Torrejón para recortar diferenzas despois da súa vitoria en Arona.

A seguinte xornada finaliza cunha derrota do Zalaeta no seu desprazamento Arroyo de la Luz na que ceden diante o Extremadura Arroyo 3-1 (14-25/25-23/25-18/25-18) e ceden tamén a 4ª posición que agora ocupa o Torrejón que non deixou escapar a oportunidade diante do Grupo Covadonga, aínda que de novo empatadas a puntos. Na xornada 19 o Zalaeta enfróntase ao CV Oviedo no Barrio con vitoria por 3-0 (25-23/25-22/26-24)e recupera a 4º posición despois da derrota do Torrejón.

Alternancia na 4ª praza da clasificación que nesta xornada recuperan as madrileñas despois da derrota das do instituto no seu desprazamento á S. Cristobal de La Laguna onde caen derrotadas diante do Aguere por 3-0 (25-14/25-23/25-16). Na penúltima xornada o Zalaeta recupera unha posición ao sumar 3 puntos na vitoria no Barrio diante do CV Astillero, 3-0 (25-18/25-19/25-16).

Meritoria cuarta praza definitiva na liga 2024-2025 para as coruñesas a pesar de finalizar a competición cunha derrota ante o UC3M Voleibol Leganés por 3-0 (25-15/25-20/25-19). Fede Ascensores A Lagoa e FEEL Alcobendas, primeiro e segundo clasificados do Grupo A clasifícanse para xogar a Fase de Ascenso á liga Iberdrola que se celebra na Lagoa do 24 ao 27 de Abril, quedando o FEEL Alcobendas campión do playoff e o CV Melilla en segunda posición, ambos con praza na liga Iberdrola para a próxima tempada.