/PRÓXIMOS PARTIDOS

PRÓXIMOS PARTIDOS

 

  Xornada 16 de SF2 na que o Autos Cancela Zalaeta xoga fóra de casa, nesta ocasión co C.V. Sestao na Benedicta a beiras do Nervión, o sábado ás 19:30.

  Encontro no que o Zalaeta debe de puntuar para manterse na parte alta da táboa, estando pendente dos resultados doutros partidos, xa que un enfrontamento é o do Arroyo con Torrelavega, ambos nos primeiros postos, e o Leganés ten un partido nada fácil en Xixón e a seguinte xornada visita o Barrio.

  Esta é a primeira campaña do conxunto sestaotarra na categoría, na que o seu primeiro obxectivo debe de ser a permanencia, e en casa defenderá as súas opcións por encima de todo, polo que non será un partido fácil e quererán quedar cos puntos en xogo.

  Pola súa banda as coruñesas, cuartas nestes momentos na clasificación, pero cun partido menos, viaxan coa moral alta e decididas a permanecer ao mando da táboa. A vitoria ante o Extremadura Arroyo, moi pelexada pero rematada con solvencia no quinto, apunta un bo momento do equipo de Barrero, que na xornada precedente e despois dunha gran actuación ve como a súa colocadora Patri Santos é nomeada MVP (1) da xornada e é incluída no Sete Ideal da Xornada 15 á vez que a receptora Emma Ordoñez (5) colócase como 2ª Mellor Atacante con 20 puntos e 3ª Máxima Anotadora con 23 puntos, mentres ocupa un posto no Dream Team desta tempada.