Finalizada a fase regular da liga co Zalaeta na segunda posición do Grupo A, resultado que lle dá acceso ao equipo do Instituto para disputar a fase polo título e por unha praza de ascenso á liga Iberdrola, as de Barrero de preparan para disputar o play off entre os dous mellores de cada un dos tres grupos de SF2.
Os seis equipos clasificados divídense en dous grupos, quedando o Zalaeta encadrado no A con o equipo anfitrión FC Cartagena Algar Surmenor e o CVB Barça. Forman o grupo B cvleganes.com, Madrid Chamberí e CVS U Energía Soller.
Cartagena será a sede desta fase final da liga que se desenvolverá os días 25, 26, 27 e 28 do corrente mes de Abril e o club organizador será FC Cartagena Algar Surmenor. Todos os partidos xogaranse no Palacio de Deportes de Cartagena. Os horarios dos partidos e as xornadas correspondentes son as seguintes:
Retransmisión dos partidos por streaming:
Zalaeta Vs FC Cartagena Algar Surmenor https://www.youtube.com/watch?v=8wSGpn0d_Dw
Barça CVB Vs Zalaeta https://www.youtube.com/watch?v=53c0A_jmKQE
Próximas emisions en directo https://www.youtube.com/@ALGARSURMENOR
Tamén, a tener en conta no ARTY, Bulebar do Papagaio (R/ Panaderas) A Coruña podedes disfrutar da proxección deo partido Zalaeta Vs FC Cartagena Algar Surmenor en directo e en compañia de la afección coruñesa o xoves 25 ás 19:00.