/FIN DA LIGA REGULAR DE SF2

FIN DA LIGA REGULAR DE SF2

  

  Fin de semana de competición, fin de semana de voleibol no que os equipos do instituto protagonizarán interesantes encontros encarando xa o final de tempada.

   Ás 18:00 do sábado, en horario unificado para todos os encontros do Grupo A de SF2, comezará no Barrio o partido do Autos Cancela Zalaeta co Universidad de Valladolid correspondente á xornada 26 e última da Liga Regular. Importante xornada, xa que aínda quedan por definir os 3 primeiros postos dunha clasificación que provisionalmente encabeza o conxunto de Barrero, pero na que os seguidores teñen posibilidades.

  Ás coruñesas, 53 puntos, failles falta sumar 3 puntos para non ter problemas e finalizar na cabeza, dependen de si mesmas; o Extremadura, 52 puntos, necesita arrincar o 3 tres puntos na súa visita a Sestao para garantirse unha praza no play off, por tanto, con calquera outro resultado nestes dous partidos, xa entrariamos no terreo da especulación. En terceiro lugar, o VP Madrid, 51 puntos, debe de gañar de 3 puntos na súa casa ao Cuesta Piedra e esperar outros resultados, non depende de si mesmas.

  Recibimos ao Universidad de Valladolid, que con 10 puntos ocupa a 12ª posición, na xornada anterior caeu derrotado na súa casa polo Leganés por 0-3, e na primeira volta o Zalaeta endosoulle tamén un 0-3 a domicilio. As universitarias téñeno complicado na cancha coruñesa onde será difícil vencer á estatística e onde as locais alcanzan as súas mellores prestacións. O Zalaeta está a ter un bo final de liga, coa clasificación para promocionar á Liga Iberdrola na man, o ambiente é bo con bo rendemento nos adestramentos e sobre todo con moitas ganas de reeditar o final da primeira volta como campioas de inverno, nesta ocasión ante os afeccionados obter a primeira posición final do Grupo A. Esperamos un partido intenso, para gañalos, todos os partidos hai que xogalos, a priori non hai nada decidido, por iso animamos a todos os afeccionados ao voleibol para empuxar ao seu equipo, a desprazarse ao Barrio dás Flores, onde o espectáculo está garantido.

  Mentres tanto continúan o resto de competicións autonómicas nas que participan os equipos do instituto, finalízanse as ligas regulares e dan paso aos Campionatos Galegos das distintas categorías.

  Este sábado 6 tamén se celebrará o Campionato Galego Senior Feminino, que organizado polo C.V. Bruxas, celebrarase no Municipal de Bertamirans en dobre xornada de mañá e tarde. Chegan os 4 mellores equipos da Liga Regular e enfrontaranse en dúas semifinais, Vitaldent Santiago CV Bruxas contra CV Zalaeta ás 10:00 e Calasancias Coruña con Club Korbis Desguazes Manolo ás 12:00.

  O Zalaeta finalizou en 4ª posición a liga con 12 vitorias e na primeira fase deixou fóra ao Xuvenil Teis, agora tratará de deixar fóra da final ao Bruxas, dominador esta tempada da clasificación con 17 vitorias.

  As finais serán pola tarde, ás 17:00 polo 3º e 4º posto, e ás 19:00 os gañadores da mañá xogaranse o Campionato Galego.

  O equipo infantil está a xogar a promoción a 1ª división e enfrontarase ao Aldebarán S. Sadurniño no Municipal de S. Sadurniño o sábado ás 10:00. Deberán dobregar ás campioas da Liga Regular para poder ascender.

O domingo día 7 en cadetes, o Zalaeta B desprázase a Pontevedra para xogar ás 11:00 co CV Pontevedra dentro do Grupo D de promoción. Ás 11:30 xogarán o Voleibol Maniotas co Zalaeta B de 3ª autonómica infantil dentro do Grupo C de promoción, no IES de Rodeiro, Cangas.

  As xuvenís finalizaron a tempada despois de disputar o Campionato Galego Xuvenil o pasado domingo nas instalacións do Colexio Calasancias Coruña.

  Xogaron en primeira rolda co Calasancias ante o que perderon por 3-1, equipo que ao final sería o Campión Galego, e pola tarde enfrontáronse ao Conavi Xuvenil Teis ao que derrotaron co mesmo resultado de 3-1 co que obutvieron un meritorio 3º posto neste campionato nun ano de práctica renovación xeracional do equipo.