No ecuador do proxecto tócalle turno ás xogadoras do Infantil B, amadriñadas pola canteirana do Instituto, Inés Rivas, que no seu día tamén estivo aí!
Deixámosvos a narración en primeira persoa que nos pasou Inés sobre a súa visita, que comezou cunhas primeiras observacións iniciais do adestramento para logo xa reunirse e empezar as presentancións. Primeiro, coma sempre, era o turno da madriña, que lles falou primeiro un pouco sobre os seus inicios no voleibol, no mesmo pavillón no que agora estaban elas:
“Comenteilles a miña traxectoria en voleibol, dende que empecei en Zalaeta en 1º da ESO, pasando pola primeira convocatoria na selección galega en 2º da ESO ata 4º, tanto na de pista como na de praia, asistindo a dous CESAS (un de cada modalidade). Tamén que xogaba con equipos de categorías superiores (cadete sendo infantil, xuvenil sendo cadete, e senior e superliga sendo xuvenil) pasando polos correspondientes campionatos galegos, de España e Superliga Junior”.
E dos inicios, ao desenvolvemento da súa carreira deportiva:
“Así mismo, conteilles que no meu último ano en Zalaeta conseguimos o Campionato da Liga coa correspondiente clasificación a Copa Princesa e a posteriori Fase de Ascenso. A continuación, en senior de 3 ano marchei a Lugo a estudar a universidade e a xogar alí, conseguindo novamente Copa Princesa e Fase de Ascenso, finalizando a tempada 19/20 co ascenso a Superliga 1. Seguidamente primeiro ano en Superliga 1/Liga Iberdrola, e a continuación segundo ano e último en Lugo na mesma liga coa clasificación á Copa da Raiña coa correspondente segunda praza.
Conteilles o interesante que é xogar en outros equipos e con xente de outros sitios tanto de dentro de Galicia, España e de outras partes do mundo como Canadá, Grecia, EEUU, Colombia, Brasil, Arxentina e República Dominicana. Para finalizar conteilles que volvín a Coruña por asuntos familiares e continuei a carreira deportiva en Coruña, a pesar de ter oferta ese mesmo ano de renovación no Arenal Emeve e de fichar co CV Aguere para a tempada 22/23. Expliqueilles que ese ano xogamos a Copa Princesa en Coruña. Ao ano seguinte continuando en Zalaeta, a pesar da oferta de Arroyo da Luz, conseguimos o subcampionato da liga coa correspondente clasificación a Copa Princesa e Fase de Ascenso onde quedamos 5as. Finalmente situámonos neste ano onde continuo en Zalaeta tendo novamente oferta de Arroyo da Luz”.
Ademais das súas experiencias como xogadora tamén lles explicou que este ano está a vivir o seu primeiro curso como adestradora, exercendo de axudante de Iván no grupo alevín de martes e xoves. Para rematar a visita, fixeron como unha ‘mesa aberta’:
“Estivemos falando tamén de que posición xogaba cada unha, canto tempo levaban xogando e por que empezara cada unha. Falamos tamén dos números que levaban e ensineilles a miña camiseta co número 17”.