/SF2: CV OVIEDO Vs CV ZALAETA

SF2: CV OVIEDO Vs CV ZALAETA

  Nova vitoria do equipo do Instituto que suma 3 puntos no seu desprazamento a Oviedo no partido correspondente á 8ª xornada da liga regular.

  O encontro disputado o pasado sábado 23 resolveuse cun resultado de 0-3 con parciais 16/25 23/25 23/25, cun primeiro set que dominaron claramente as coruñesas, que lles deu a confianza como para facerse coa segunda vitoria a domicilio. Con cambios no septeto titular inicial que resultaron máis que eficaces, demostrando o bo momento de forma de toda a plantilla, as de Barrero mantiveron o ritmo a pesares das tentativas dun Oviedo que foi de menos a máis.

Das filas locais queremos destacar a presenza de Inés Martínez, ex-xogadora do Colexio La Paz que a tempada pasada participou dos adestramentos dos martes co noso equipo de Superliga-2, logrando este formar parte da plantilla do equipo ovetense na súa nova andaina como júnior na Universidade de Oviedo. Sorte para o que queda, e vémonos á volta!

  Con esta vitoria o Zalaeta continúa en cuarta posición na clasificación con 18 puntos, empatado co Feel Alcobendas que ocupa a 5ª posición.

  Inés Losada foi unha vez máis a máxima anotadora do encontro con 12 puntos, empatada coa xogadora do Oviedo Adriana Zarceño. Séguenlles no Zalaeta Inés Ignacio e María Forteza-Rey con 11 puntos cada unha.

  Próximo partido o sábado 30 ás 19:00 no Barrio diante o Fede Ascensores La Laguna, equipo que ocupa a segunda posición na táboa con 20 puntos. Encontro importante para as xogadoras de Jorge Barrero, ás que unha vitoria permitiríalles adiantar na táboa ás canarias.

Este partido ten adicación especial en Contra da Violencia de Xénero, dentro da campaña de sensibilización e promoción do deporte feminino 2024/2025 baixo o lema NON á Violencia de Xénero.