/SF2: CV ZALAETA Vs FEDE ASCENSORES LA LAGUNA

SF2: CV ZALAETA Vs FEDE ASCENSORES LA LAGUNA

  Partido correspondente á 9ª xornada de SF2 disputado no Barrio o pasado día 30 de novembro e que supuxo a primeira derrota do equipo do Instituto como local, finalizou cun resultado 25/23; 25/22; 12/25; 15/25 e 8/15.

  Coa grada a rebosar, e o pulo de todas as nenas da canteira que se quedaron tras a Presentación do Clube, as de Jorge Barrero entraron arrolladoras ao partido.

  Dous sets impecables, cun gran traballo de saque e ataque, parecían pronosticar un novo triunfo local. Non obstante, do outro lado da rede, as tinerfeñas fixeron valer a súa calidade para remontar o partido e forzar o tie-break.

    Finalmente un 8-15 disputado deulle o triunfo ás de La Laguna. Para nós, +1 valioso punto que sumamos na clasificación, na que agora ocupamos a 5ª posición con (19) puntos.

    Aupadas ao berro de “SI-SE-PUEDE” que cantaban as nenas dende as bancadas, as nosas tentaron recuperar forzas, máis as visitantes estaban enchufadas logo do empate e necesitaban pechar o partido a favor para asegurarse un billete á Copa Princesa 2025.

  A xogadora do Aguere Beltramino Agostina Sol foi a máxima anotadora do partido con 23 puntos (4 ACEs e 45% de eficacia en ataque), Inés Losada con 19 puntos foi a máxima anotadora por parte das coruñesas, seguida de Alba Quirós con 12 puntos e Andrea Rivas con 10.