Este próximo sábado día 30 de Novembro celebramos o Partido Adicado Contra a Violencia de Xénero.
O Clube Instituto Zalaeta di NON á violencia de xénero, en todas as súas formas e expresións, e adica o noveno encontro da Superliga 2 Feminina 24/25 á súa concienciación, dentro da campaña de sensibilización e promoción do deporte feminino 2024/2025:
Zalaeta ⚔️ Fedes Ascensores La Laguna ás 19:00h.
A esta adicación únese á campaña de sensibilización que estamos a levar dende as redes sociais do Clube: Novembro: mes de concienciación contra a violencia de xénero, onde o Zalaeta se posiciona como espazo de educación, referencia e seguridade para as futuras xeracións, cun compromiso social importante dende o que facer valer a incidencia que pode ter o mundo deportivo tamén na sociedade. Ante a violencia de xénero só cabe unha resposta: NON.
O partido terá lugar a continuación do acto de presentación do Clube (17:00h), polo que anotade nas vosas axendas esta data: importante de non perder! Esperámosvos.