/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA

  Xornada n.º 21 nas Ligas Galegas, que significa o final da Liga Regular e que nos deixa os seguintes emparellamentos:

2ª DIV A
  Desprazamento a Lugo
para xogar un partido que non vai decidir nada máis que o final de Liga
e que non logrará alterar a clasificación de ningún dos contendentes
nunha xornada que certificará o primeiro posto do VoleyOurense.

EMEVE   Vs   AUTOS CANCELA ZALAETA    DOMINGO 29, 10:00   CASA DO DEPORTE, LUGO

 
XUVENÍS
  Interesante
partido de xuvenís para pechar o campionato, entre o 2º e 3º
clasificado, dous equipos que se coñecen moi ben. Victoria das coruñesas
no partido de ida, da que tratarán de resarcirse as locais nesta
ocasión. Ambos os dous conxuntos contan cos seus equipos ao completo, polo
que será un partido moi competido no que veremos en acción a xogadoras
xuvenís que veñen de competir en SF2 e SFV.

EMEVE   Vs   AUTOS CANCELA ZALAETA    SABADO 28, 12:30   CASA DO DEPORTE, LUGO

INFANTÍS
  Dobre
xornada a que o espera este fin de semana ao equipo infantil. En
primeiro lugar deberá de resolver o partido aprazado no seu día, en Lugo ante o EMEVE, para desprazarse posteriormente a Noia.
Importantes estes dous encontros para o equipo do Instituto no peche da
Liga para definir a clasificación final, no momento en que as xogadoras
de Zalaeta están a mostrar o seu mellor nivel de toda a tempada.

EMEVE     Vs     C. I. ZALAETA           VENRES 27,    17:00   CASA DO DEPORTE, LUGO

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA   Vs   C. I. ZALAETA   SABADO 28,   16:00 ALONSO RGUEZ. NOIA