/FISIOMÁSZALAETA 0 RGC COVADONGA 3

FISIOMÁSZALAETA 0 RGC COVADONGA 3

   0-3 encaixou o FisiomásZalaeta no seu partido de SF2 ante o RGC Covadonga nun disputado partido que tivo nas visitantes un claro vencedor.

 
   Ás 19:00 daba comezo o encontro, que dirixido polos colexiados A. Pinilla e FL Barrallo, tivo unha duración de 01h. 19m. e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais 18-25; 20-25 y 21-25. Adestradores, local, J. Barreiro e JM Sánchez, e visitante, S. Pérez e D. Suarez.

  FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 5 Macarena Corbo, 6 Irene Vázquez,7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 12 Margarita Echeverría, 13 Alba Quirós, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.

Sete inicial: Cristina, Chey, Marga, Alba, Sara, Rocío e Sofí.

  RGC COVADONGA: 1 Miriam Dieguez, 25 A. Mendoza, 6 Paula Sánchez, 7 Rodríguez Prendes, 8 Ayelén García, 9 Alba Hernández, 10 Cristina López, 11 Delgado Dos Santos, 12 Lorenzana Estepara, 13 Ángela Iglesias, 14 Cristina Chamoso e 15 Beatriz Vázquez.

Sete inicial: Dieguez, Mendoza, Hernández, López, Lorenzana, Vázquez e Rodríguez.

   Victoria do Grupo nun partido do que se esperaba algo máis, pero no que o FisiomásZaleta non tivo o seu día, e que sen xogar mal careceu de eficacia.
  O primeiro set comezou co Zalaeta moi centrado, foi un set con xogadas longas e bo xogo, no que ao cabo se impuxo o ataque e a eficacia das gijonesas.
No segundo set, o comezo é parecido ao anterior, o Grupo obtén unha
vantaxe no marcador e mantena ata o final ante un rival que o intenta
pero soamente é capaz de mellorar lixeiramente o acerto anotador.
Sucédense os cambios no banco, hai rotacións, e no terceiro set o equipo
do Instituto sae decidido a xogar o seu partido, adiántase no primeiro
parcial pero pronto perde fol ante o xogo sen fisuras das asturianas que
toman o mando no segundo parcial para levarse o set e os tres puntos.
  Jorge Barrero
coméntanos: “Xa esperabamos un equipo moi serio e ordenado, que
demostrou unha grande eficacia en ataque, xustamente o que nos faltou a
nós, non xogamos mal, o primeiro set foi o mellor a pesar do que diga o
marcador e no segundo e no terceiro as ganas de remontar ante un equipo que
non cedía nos fixo perder concentración”.

  Erros e falta de acerto
lastraron o xogo das coruñesas. En ataque as porcentaxes son baixos, con
soamente unha xogadora por enriba dos 10 puntos, Sara
con 11 seguida de Alba con 7, e cun xogo na rede que non estivo ao
nivel doutros encontros. A pesar de estar ben ao saque e na recepción,
non foi suficiente para superar ao Grupo, un equipo que demostrou as
súas calidades, xogo compacto cun bo e eficaz ataque e que non ten
fisuras.            

  Máxima anotadora do encontro, a gijonesa, Miriam Dieguez con 20 puntos, 18 deles en ataque.
   Con este resultado, o Grupo encabeza, provisionalmente, a clasificación, e FisiomásZalaeta continúa en cuarta posición

   Próxima xornada, ante o Xuvenil, no Municipal de Teis.

  

   Para empezar a tarde de voleibol, enfrontáronse en partido de Liga de 2ª División A os equipos Autos Cancela Zalaeta e EMEVE Élide. O encontro deu comezo ás 16:00 e dirixido polo colexiado FL Barrallo, tivo unha duración de 01 h 42 m, e finalizou cun resultado de 3-2 con parciais 25-9; 22-25; 25-19 y 15-7. Adestradores, local J. Barreiro e visitante, B. Bouza.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Tania Cobos, 7 Paula Martinez, 12 Ana Mª Ceba, 13 Paula Lema, 10 Patricia Santos, 6 Irene Villaverde, 14 Alba Fernández, 11 Ana Calvo, 7 Inés Rivas, 9 Sara R. Amarelle, 5 Paula Bermudez e 1 Susana Suarez.

  EMEVE ÉLIDE: 15 Rodríguez A., 12 Rodríguez Q., 5 Fuertes, 13 Alonso, 7 Rodríguez l., 13 Rodriguez F., 10 Boelle, 2 Chao, 8 Del Valle e 4 Leiro.

  O Zalaeta
saltou á cancha decidido a gañar e impúxose, no primeiro set, en 18 minutos ás lucenses
cun grande diferencia, 25-9. Parecía doado, pero no segundo, a reacción
visitante non se fixo esperar, mellorou o seu xogo e botou man da
experiencia para non se caer e superou as coruñesas poñendo o 1-1.
Partido competido, tal como era de esperar entre dous equipos aos que separaba un
só punto na clasificación, e pasamos ao terceiro set e son de novo as do
Instituto as que se impoñen, dominan o marcador a partir do segundo
parcial e poñen o 2-1. De novo, outra volta de rosca, no cuarto, as de EMEVE
non dan o partido por perdido e buscan o empate dende o primeiro
momento, cobran unha diferenza inicial, cun parcial 2-8, e gañan o set.
Estamos no 5º, e o partido parece que segue unha lóxica alternativa, e
agora é a quenda do Zalaeta, e de novo retoman o xogo do primeiro set e cun parcial de 5-0 non dan opción ás de Lugo e gañan o partido.
   Partido entretido o que nos ofreceron estes equipos, con moitas alternativas e bo xogo,  no que as de Lugo
achegaron experiencia e veteranía, para non decaer e obter un
punto ante un equipo máis novo, non exento de calidade, ao que a
competición ira dando máis experiencia.
  Despois deste resultado, intercambio de posicións entre os dous equipos, o Autos Cancela Zalaeta
pasa a ocupar a 5ª posición provisional dunha clasificación que está á
espera de dos resultados de hoxe para clarificar os postos de cabeza.
  A próxima xornada xogarase un partido importante para as aspiracións das pupilas de D. Hermida, con desprazamento a Pontevedra para xogar ante o CV Pontevedra Comercial Durán que ocupa a cuarta posición.