/ESTATÍSTICAS DA OITAVA XORNADA.

ESTATÍSTICAS DA OITAVA XORNADA.

   Saen publicadas as estatísticas da RFEVB da xornada pasada, e de novo hai un oco para as xogadoras do FisiomásZalaeta. Despois do gran partido realizado pola colocadora Cristina G. Bermejo, aparece destacada na categoría de bloqueadoras que presenta un triplo empate encabezado pola xogadora de Teis Lucía Pérez, e Rocío Durán métese na categoría de receptoras que domina a xogadora tamén de Teis Lorena Cruz.
   Pola súa banda o próximo rival do Zalaeta, o RGC Covadonga, que se encontra nun bo momento de forma ocupando a segunda posición, mete tres das súas xogadoras, Cristina López, terceira mellor atacante, Marta Rguez. mellor libre e Alba Hernández como mellor sacadora e MVP da xornada.
   Atención, pois a este equipo que veremos o próximo fin de semana na Coruña en encontro oficial ante o FisiomásZalaeta, no que ambos os dous conxuntos buscarán a vitoria en dura pugna no alto da clasificación.
laopiniocoruna.es      “El Zalaeta tapa agujeros”.