/XORNADA 26 DE XANEIRO

XORNADA 26 DE XANEIRO

   Ao longo do próximo sábado 26 celebraranse todos os partidos das competicións que contan con participación do club, que serán en casa a excepción do encontro de SF2 categoría na que o FisiomásZalaeta enfrontarase ao Extremadura Arroyo no Pabellón Municipal de Arroyo de Luz ás 19:00, nun encontro interesante no que ambas escuadras tratarán de facerse coa vitoria. As de Arroyo de la Luz perderon o seu último partido ante o RGC Covadonga, e nesta ocasión, ante o seu público, e recuperada a súa colocadora Larrakoetxea, tratarán de facerse cuns puntos que lles aseguren a súa posición na táboa e lles permíta optar ao primeiro posto perdido na xornada anterior. 
   Pola súa banda, o FisiomásZalaeta desprázase coa intención de non regalar nada e de traer un resultado positivo que lle permita obter matemáticamente unha praza para a fase de ascenso sen depender doutros resultados, para o que lle chegaría con obter 1 punto. As coruñesas están nun bo momento de xogo, coa moral alta logo da vitoria da xornada anterior ante o EMEVE e tratarán de apurar as súas opcións para facerse coa vitoria.
   Para o adestrador Jorge Barrero, “será un partido intenso, e o resultado dependerá da nosa actitude, si somos capaces de realizar o noso xogo despregando sen erros o noso ataque, podemos ter opcións ante un equipo cun septeto titular moi acoplado que se coñecen moi ben e con xogadoras de calidade contrastada. Seguramente haberá un gran ambiente nas gradas o que será un aliciente para o encontro”.
   Serán baixa, Noa Sánchez que non está recuperada, e a capitá Marta Esperanza por motivos extradeportivos. A viaxe será longa, o que pode supoñer un hándicap para as herculinas.
  
   O desprazamento a Extremadura realizarase no autobús de Autos Cancela, que sairá como de costume, do Instituto Zalaeta ás 07:15 e realizará as paradas habituais.

    Tamén o sábado terán lugar os seguintes partidos: 

   Na Liga Zonal Infantil Feminina, o CV Zalaeta enfrontarase ao Narón Volea M1 ás 11:15 no Polideportivo do Monte Dás Moas; e tamén no mesmo escenario, en Deporte Escolar, Alevín Feminino, ás 12:45, Franciscanos F1- CV Zalaeta.
 
   Pola súa banda, o equipo de David Hermida, xogará o seu partido correspondente á 15ª xornada da Liga Galega Cadete, ante o XAV Cambados o Sábado ás 10:30 no Pabellón do Instituto Zalaeta, nun encontro no que as do Instituto non deberían de ter problemas para facerse coa vitoria e continuar nos postos altos da táboa.

   A continuación, tamén no Instituto, o FisiomásZalaeta protagonizará o segundo enfrontamento co XAV Cambados Escuma en partido correspondente á 15ª xornada da Liga Galega de Xuvenís, encontro que non debe de ser obstáculo para que a locais conserven a 2ª posición na clasificación.

   Xa pola tarde, e para pechar os enfrontamentos coas de Cambados, encontro de 2ª División A CV  Zalaeta-Xav Cambados ás 17:00, unha vez máis no Pabellón do Instituto, partido que as pupilas de Asier García de Dios non poden deixar escapar para non perder o tren de cabeza.


   Moita sorte a todos os equipos!!!