/XORNADA 27 e 28 DE OUTUBRO.

XORNADA 27 e 28 DE OUTUBRO.

SL2
 
  
Logo de dúas vitorias consecutivas, o FisiomásZalaeta recibe o SÁBADO 27 ás 18:00 no Polideportivo do Barrio das Flores, ás avilesinas da AD Curtidora con opcións de alzarse co liderato provisional da clasificación, si se fai coa vitoria do partido.
   A AD Curtidora é un equipo moi organizado en defensa e no que sobresae o bloque, e que está indo a mais cun ataque bastante efectivo por catro. A ter en conta a destacada actuación da súa xogadora Miriam Dieguez no derbi asturiano disputado o pasado fin de semana, autora de 27 puntos.
   Pola súa banda, o equipo de Jorge Barrero, tratará de opoñer o seu contundente ataque ante un equipo ao que xa derrotou na pretemporada no torneo de Avilés. O conxunto coruñés atópase nun bo momento, e dispón de todos os seus efectivos para o partido de mañá, polo que na súa condición de favorito, e debido descanso na xornada do Extremadura Arroyo, podería facerse co liderato provisional desta categoría.

     Este fin de semana, DOMINGO 28 de Outubro,toca desprazamento a Cambados,  para resolver o triplo enfrontamento entre o XAV Cambados e o CVI Zalaeta. .
   As encargadas de comezar serán as xogadoras do equipo Cadete a partir das 16:00 horas. Enfróntanse o XAV con 2 vitorias e 1 derrota e as visitantes, invictas con oportunidade de lograr unha nova vitoria a domicilio para dese modo continuar á fronte da clasificación.
   A continuación, ás 17:30, partido de Xuvenís de Liga Galega entre dous equipos empatados na táboa, nunha ocasión na que o Zalaeta debería  mostrar a súa superioridade e facerse coa vitoria para seguir o ritmo de cabeza.
   Para finalizar, ás 19:00 presenciaremos o partido de 2ª División A entre  o Xav, 1 vitoria e 2 derrotas, e o Zalaeta, 2 vitorias e 1 derrota. Neste encontro, as visitantes deberán confirmar esa mejoría no seu xogo para destacarse no marcador.
      O autobús de AUTOS CANCELA, sairá do Instituto de Zalaeta o Domingo 28 ás 13:30.

   Todos os partidos celebraranse no Polideportivo  O Pombal de Cambados.