/16ª XORNADA DE SF2

16ª XORNADA DE SF2

  Volta á competición do FisiomásZalaeta despois da xornada de descanso do pasado sábado, e regreso de novo ao Barrio cun choque importante para a clasificación e de gran rivalidade, recibimos ao EMEVE de Lugo para xogar o primeiro derbi galego do ano.
  Complicado encontro para os dous contendentes, por unha banda haberá que centrarse na liga e loitar polos puntos para apurar todas as opcións dunha mellor clasificación, e por outra trátase da oportunidade de desquite despois da final de Copa Galicia na que se impuxo o Zalaeta.
  Pero o que se poñerá en xogo realmente é a rivalidade entre ambos os equipos, vellos coñecidos cunha bagaxe de moitos partidos entre eles, un derbi con maiúsculas no que calquera cousa pode suceder. Os dous equipos quererán gañar, pero o realmente importante é puntuar, polo que se pode esperar un partido difícil, complicado e probablemente longo, pero seguramente emocionante e atractivo para o público que se dea cita no Barrio mañá sábado.
  A clave, a confianza nas súas posibilidades gañadoras e controlar o nivel de erros será fundamental para poder rendibilizar o acerto atacante.
  Por iso é tan importante a presenza da afección para estar co seu equipo, apoialo neste momento decisivo da liga na que agora máis que nunca necesita a calor de xogar en casa para lograr resultados positivos.

 

  En canto á ligas galegas, descanso, este fin de semana non hai competición, que se retomará o próximo día 4 de febreiro.
  Os que si continúan a competición que empezaron o pasado fin de semana, son os equipos que participan en Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, que como sabedes celébranse nas instalacións de Monte dás Moas os sábados en xornada de mañá, onde na xornada inaugural, os equipos Zalaeta Alevín A e B estreáronse con vitoria.
  Para mañá sábado, a xornada comeza ás 09:30, e os partidos serán os seguinte: 

         Ás 10:00   Alevín Feminino    CV Oleiros B   Vs   Zalaeta A   MOAS 3
         Ás 10:35   Alevín Feminino    Zalaeta B   Vs    Xiria Volei     MOAS 1
         Ás 11:10   Infantil Feminino  Aldebarán   Vs  Zalaeta           MOAS 3