Volta á competición do FisiomásZalaeta despois da xornada de descanso do pasado sábado, e regreso de novo ao Barrio cun choque importante para a clasificación e de gran rivalidade, recibimos ao EMEVE de Lugo para xogar o primeiro derbi galego do ano.
Complicado encontro para os dous contendentes, por unha banda haberá que centrarse na liga e loitar polos puntos para apurar todas as opcións dunha mellor clasificación, e por outra trátase da oportunidade de desquite despois da final de Copa Galicia na que se impuxo o Zalaeta.
Pero o que se poñerá en xogo realmente é a rivalidade entre ambos os equipos, vellos coñecidos cunha bagaxe de moitos partidos entre eles, un derbi con maiúsculas no que calquera cousa pode suceder. Os dous equipos quererán gañar, pero o realmente importante é puntuar, polo que se pode esperar un partido difícil, complicado e probablemente longo, pero seguramente emocionante e atractivo para o público que se dea cita no Barrio mañá sábado.
A clave, a confianza nas súas posibilidades gañadoras e controlar o nivel de erros será fundamental para poder rendibilizar o acerto atacante.
Por iso é tan importante a presenza da afección para estar co seu equipo, apoialo neste momento decisivo da liga na que agora máis que nunca necesita a calor de xogar en casa para lograr resultados positivos.
Ás 10:00 Alevín Feminino CV Oleiros B Vs Zalaeta A MOAS 3
Ás 10:35 Alevín Feminino Zalaeta B Vs Xiria Volei MOAS 1
Ás 11:10 Infantil Feminino Aldebarán Vs Zalaeta MOAS 3