Pola súa banda o FisiomásZalaeta baixo a dirección de J. Barrero, completou a semana de adestramentos sen ningún tipo de impedimento e coa ausencia de problemas propio do bo momento no que se atopa a plantilla. A vitoria da xornada pasada co bo xogo desenvolvido achega tranquilidade e deixa do bando visitante a presión de puntuar para non afastar a súa posibilidades, mentres as coruñesas saben que ningún resultado alterará a súa posición na táboa, e que xogar en casa para este equipo é un plus importante, co público a favor, o Barrio é unha praza difícil para calquera visitante.
O partido, o sábado 23 ás 19:00 no Municipal do Barrio das Flores.
Por outra banda, as Ligas Autonómicas continúan o seu curso, e esta xornada todos os partidos do CV Zalaeta se disputan na casa, sendo a máis madrugadoras a s infantís, que comezarán o venres ante o Liceo en Zalaeta.
O sábado recibimos ao CV Ourense, que se enfrontará ao Zalaeta en todas as categorías, equipos que nesta ocasión son rivais directos en todas as categorías, polo que estaremos ante partidos deputados nos que non convén que se escapen os puntos.
Os partidos serán os seguintes:
1ª DIV INFANTÍL
CV ZALAETA Vs LICEO A PAZ Venres 22 19:15 Pavillón I. Zalaeta
CV ZALAETA Vs VOLEYOURENSE Sábado 23 12:15 Pavillón I. Zalaeta
2ª DIV CADETE
CV ZALAETA Vs VOLEYOURENSE Sábado 23 16:00 Barrio das Flores
1ª DIV XUVENIL
AUTOSCANCELAZALAETA Vs CVO followUS TV Sábado 23 10:30 Pavillón I. Zalaeta
1ª DIV SENIOR
AUTOSCANCELAZALAETA Vs CALDARIA VOLEYOURENSE Sábado 23 16:00 Barrio das Flores
…………………………………………………….
Co obxecto de preparar os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, a Federación Galega planifica unhas xornadas de concentracións de xogadores de categoría Infantíl e Cadete que darán comezo o vindeiro domingo 24 en Noia.
Destacar que na lista de convocadas, atópanse as xogadoras do CV Zalaeta, Laura Vázquez e Paula Rey en categoría Cadete, xogadoras que están a realizar a tempada no equipo xuvenil de 1ª división de Zalaeta, e na categoría Infantíl, está dentro da convocatoria a xogadora Claudia Carreja que tamén compaxina a súa tempada co equipo xuvenil. Agora terán que traballar duro para poder entrar na lista definitiva, pero o chegar onde están xa é un gran paso.
Parabéns!! para estas xogadora e o cadro técnico polo labor desenvolvido.