/PARTIDOS DO SÁBADO 23

PARTIDOS DO SÁBADO 23

 
 O vindeiro sábado 23 recibiremos no Barrios ao segundo clasificado do Grupo A de SF2, ao Cuesta Piedra Sta. Cruz. Con 8 vitorias e 3 derrotas é un equipo con aspiracións de clasificación para xogar o play off de ascenso, do mesmo xeito que disputou cópaa Princesa competición na que derrotou ao equipo anfitrión Motorsan Guadalajara e disputou a final co CV Torrelavega, polo que se lle espera nun bo momento de forma e coa intención de puntuar para non ceder terreo na súa ambición de garantir polo menos a segunda posición do grupo. O venres espérase en Coruña ás tinerfeñas, viaxan ao completo ás ordes do seu adestrador Manuel Cabrera, e podemos destacar deste equipo, á ex internacional Marisa Fernández á fronte da clasificación de Bloqueo e a internacional colombiana Wanda Banguero, máxima Anotadora de SF2 ata o momento, das que se supón partirá o perigo visitante na cancha do Barrio.
  Pola súa banda o FisiomásZalaeta baixo a dirección de J. Barrero, completou a semana de adestramentos sen ningún tipo de impedimento e coa ausencia de problemas propio do bo momento no que se atopa a plantilla. A vitoria da xornada pasada co bo xogo desenvolvido achega tranquilidade e deixa do bando visitante a presión de puntuar para non afastar a súa posibilidades, mentres as coruñesas saben que ningún resultado alterará a súa posición na táboa, e que xogar en casa para este equipo é un plus importante, co público a favor, o Barrio é unha praza difícil para calquera visitante.

          O partido, o sábado 23 ás 19:00 no Municipal do Barrio das Flores.

  Por outra banda, as Ligas Autonómicas continúan o seu curso, e esta xornada todos os partidos do CV Zalaeta se disputan na casa, sendo a máis madrugadoras a s infantís, que comezarán o venres ante o Liceo en Zalaeta.
  O sábado recibimos ao CV Ourense, que se enfrontará ao Zalaeta en todas as categorías, equipos que nesta ocasión son rivais directos en todas as categorías, polo que estaremos ante partidos deputados nos que non convén que se escapen os puntos.
  Os partidos serán os seguintes:


1ª DIV INFANTÍL

CV ZALAETA  Vs  LICEO A PAZ             Venres 22    19:15    Pavillón I. Zalaeta
CV ZALAETA 
Vs  VOLEYOURENSE      Sábado 23   12:15    Pavillón I. Zalaeta

2ª DIV CADETE

CV ZALAETA  Vs  VOLEYOURENSE      Sábado 23   16:00    Barrio das Flores

1ª DIV XUVENIL

AUTOSCANCELAZALAETA  Vs  CVO followUS TV   Sábado 23  10:30  Pavillón I. Zalaeta

1ª DIV SENIOR

AUTOSCANCELAZALAETA  Vs  CALDARIA VOLEYOURENSE  Sábado 23  16:00 Barrio das Flores
…………………………………………………….

  Co obxecto de preparar os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, a Federación Galega planifica unhas xornadas de concentracións de xogadores de categoría Infantíl e Cadete que darán comezo o vindeiro domingo 24 en Noia.
  Destacar que na lista de convocadas, atópanse as xogadoras do CV Zalaeta, Laura Vázquez e Paula Rey en categoría Cadete, xogadoras que están a realizar a tempada no equipo xuvenil de 1ª división de Zalaeta, e na categoría Infantíl, está dentro da convocatoria a xogadora Claudia Carreja que tamén compaxina a súa tempada co equipo xuvenil. Agora terán que traballar duro para poder entrar na lista definitiva, pero o chegar onde están xa é un gran paso.

Parabéns!! para estas xogadora e o cadro técnico polo labor desenvolvido.
 

ETIQUETAS: