Para o adestrador Jorge Barrero, “será un partido intenso, e o resultado dependerá da nosa actitude, si somos capaces de realizar o noso xogo despregando sen erros o noso ataque, podemos ter opcións ante un equipo cun septeto titular moi acoplado que se coñecen moi ben e con xogadoras de calidade contrastada. Seguramente haberá un gran ambiente nas gradas o que será un aliciente para o encontro”.
Serán baixa, Noa Sánchez que non está recuperada, e a capitá Marta Esperanza por motivos extradeportivos. A viaxe será longa, o que pode supoñer un hándicap para as herculinas.
Tamén o sábado terán lugar os seguintes partidos:
Na Liga Zonal Infantil Feminina, o CV Zalaeta enfrontarase ao Narón Volea M1 ás 11:15 no Polideportivo do Monte Dás Moas; e tamén no mesmo escenario, en Deporte Escolar, Alevín Feminino, ás 12:45, Franciscanos F1- CV Zalaeta.
Pola súa banda, o equipo de David Hermida, xogará o seu partido correspondente á 15ª xornada da Liga Galega Cadete, ante o XAV Cambados o Sábado ás 10:30 no Pabellón do Instituto Zalaeta, nun encontro no que as do Instituto non deberían de ter problemas para facerse coa vitoria e continuar nos postos altos da táboa.
A continuación, tamén no Instituto, o FisiomásZalaeta protagonizará o segundo enfrontamento co XAV Cambados Escuma en partido correspondente á 15ª xornada da Liga Galega de Xuvenís, encontro que non debe de ser obstáculo para que a locais conserven a 2ª posición na clasificación.
Xa pola tarde, e para pechar os enfrontamentos coas de Cambados, encontro de 2ª División A CV Zalaeta-Xav Cambados ás 17:00, unha vez máis no Pabellón do Instituto, partido que as pupilas de Asier García de Dios non poden deixar escapar para non perder o tren de cabeza.
Moita sorte a todos os equipos!!!