/FEEL VOLLEY ALCOBENDAS 3 FISIOMÁSZALAETA 0

FEEL VOLLEY ALCOBENDAS 3 FISIOMÁSZALAETA 0

  Ás 19:30 comezaba o encontro de SF2 Feel Volley Alcobendas – FisiomásZalaeta dirixido polo colexiado Teófilo Guijarro, e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-21; 25-22 e 25-22.
 FEEL VOLLEY ALCOBENDAS: Sara Mendoza, Adriana Alonso, Andrea de Aranzadi, Ana Corredoyra, Blanca Fdez. Cuesta, Carolina Lería, Mar Calvo, Adriana Lería, Elsa Van Hulst, Celia Castillejos, Sofía Mansilla e Verónica Fernández.
Adestradora Paula Tirini.

FISIOMÁSZALAETA: Patri Santos, Lida Gudge, Alba Quirós, Emma Ordoñez, Paula Lema, Tere A. Oria, Tania Fandiño, Elisa Álvarez, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
  Comeza o partido e o Zalaeta adiántase no marcador, as coruñesas parecían entoadas e o ataque resultaba eficaz ata que as de Alcobendas adiántanse no punto 6, e a partir de aquí dominan o set con escasas diferenzas, ata o último cuarto no que as coruñesas parecen reaccionar, recuperan no marcador e logran un 22-21, pero un erro de saque encadea outros dous erros consecutivos que dan o primeiro set ás locais. 14 puntos de ataque cun 44% de eficacia supera ao Alcobendas, pero non foron suficientes para adiantarse no marcador, os erros cometidos foron decisivos.
  O segundo set foi moi parecido ao primeiro, adiántanse as coruñesas ao comezo pero é o Feel Volley o que domina o xogo sobre todo nos puntos decisivos nos que nun 22-22 as locais resolven con dous acertos e un erro ao seu favor.
  A última oportunidade para o Zalaeta, o terceiro, pero os inicios de set non son esperanzadores, Alcobendas adiántase e logra un parcial de 17-8 a partir do que se produce a reacción das do instituto que tratan de apurar as súas posibilidades de alongar o partido e meten presión ao rival para chegar ao 24-23 no que un novo erro de saque dá o set e o partido ás locais.
  Nesta ocasión a boirense do Zalaeta Emma Ordoñez, máxima anotadora do encontro con 16 puntos, 11 ataques, 3 bloqueos e 2 ACES, seguida de Alba Quirós con 11, 11 ataques.
  Polo Feel Volley Adriana Alonso máxima anotadora con 13 puntos, 11 ataques e 2 bloqueos.
  A falta de confianza do Zalaeta nas súas posibilidades para pechar os sets favorablemente e o número de erros cometidos, 31, facilitaron a vitoria do Alcobendas, que queda cos 3 puntos nunha xornada na que os tres equipos implicados no peche da táboa perderon con idéntico resultado, o que non produce ningunha variación na clasificación, á espera do próximo partido no Barrio ante o Torrelavega.
 
Mal partido pola nosa banda nunha das xornadas crave para evitar o descenso, que non soubemos aproveitar. Enfrontabámonos a un dos equipos que non estaban a gozar dunha boa segunda volta e que nos brindaba unha oportunidade moi boa para sumar.
Empezamos o partido sen agresividade, gran parte das nosas opcións pasaban por facer dano desde o saque e non fomos capaces de logralo, Alcobendas construía o xogo sen facer gala da pegada que ten polas ás, pero en K2 sufriamos moito para poder pechar os puntos e máis en situacións de colocadora dianteira. Máis avanzado o partido
fomos capaces de facerlles algo máis de dano co saque pero sen lograr moita mobilidade nelas en recepción, polo que se adaptaron ben segundo transcorría o encontro e volvemos outra vez á tónica do primeiro set.
Xa no terceiro un mal arranque pola nosa banda, 14-3 chegamos a ir perdendo, fixo inútil o arreón final que se baseou máis en ganas que na cabeza. Con isto seguimos unha xornada máis fóra dos postos de descenso pero perdendo unha oportunidade de deixar bastante decidida a parte baixa da clasificación. Teremos unha nova oportunidade o sábado contra Torrelavega esta vez en casa. 

F. Cueto