/SF2: RGC COVADONGA Vs CV ZALAETA

SF2: RGC COVADONGA Vs CV ZALAETA

  Segunda xornada de liga e segunda vitoria do CV Zalaeta, esta vez a domicilio, en partido disputado no Polideportivo Braulio García de Xixón o pasado sábado día 12 ante o RGC Covadonga.

  Suma 3 novos puntos o equipo do Instituto despois de impoñerse por un resultado de 1-3 con parciais 22-25/11-25/25-15/17-25 (75-90). De novo repite como máxima anotadora do Zalaeta e tamén do encontro, Inés Losada con 17 puntos seguida das centrais Andrea 10 puntos (6 bloqueos) e Inés Rivas con 10 puntos. Por parte do Grupo a súa máxima anotadora Paula Lorenzana con 16 puntos e Sara García con 15.

  A pesar da vitoria e de sumar os 3 puntos, este resultado non lle vale ao Zalaeta para reter o primeiro posto da clasificación, véndose superado polo Fede Ascensores La Laguna que gañou os seus dous partidos sen ceder ningún set e polo UC3M Voleibol Leganés que supera ás coruñesas por mellor coeficiente de puntos.

  Regresa o voleibol ao Barrio o sábado día 19 ás 17:30 para recibir a visita do VP Madrid.