/SF2: CV ZALAETA Vs ARONA LESS4MORE

SF2: CV ZALAETA Vs ARONA LESS4MORE

  Despois de cinco semanas de preparación, o grupo dirixido por Jorge Barrero encara a fase final da posta a punto co debut este sábado, na casa, ante o tinerfeño Arona Less4More. Menos tempo do desexado polo técnico para acoplar ao equipo, marcado polas dificultades de xuntar, por motivos laborais a todas as xogadoras da plantilla nos primeiros adestramentos. Así a todo, “las cosas de palacio van despacio”, e pouco a pouco van agromando as primeiras sementes, como se puido comprobar na dobre cita deste sábado 28 de septembro en San Sadurniño na Copa Galicia.

  O pasado sábado 5 deu comezo a tempada 24-25 coa primeira vitoria no fortín do Barrio das Flores nun partido que enfrontaba ao CV Zalaeta co Arona Less4More no que as do Instituto impuxéronse por 3-0 (25-13; 25-16; 25-21) logrando os primeiros 3 puntos que lle serven para encabezar provisionalmente a clasificación do Grupo A.

  O equipo local co persoal ao completo permitiulle ao técnico Barrero dar entrada a todas as súas xogadoras ao longo do partido, un encontro no que o equipo tinerfeño non tivo opción e unicamente no terceiro set puido plantar cara ás coruñesas.

  O equipo de Barrero con Fernando Cueto como segundo adestrador saíu co seguinte septeto inicial: Patricia Santos, colocadora, Claudia Gómez, oposta, Andrea Rivas e Inés Rivas centrais, María Forteza-Rey e Inés Losada receptoras e Paula Lorenzo, líbero. Tamén xogaron Renatta Doglioti, Alba Quirós, Inés Ignacio, Tania Alvite, Noa Pardiñas e Noa Sánchez.

  Todas as xogadoras puntuaron, excepto as líberos, sendo Inés Losada con 19 puntos a máxima anotadora do equipo e do partido.