Partido correspondente á 4ª xornada que se disputou no Pavillón Municipal La Habana Vieja de Torrelavega o pasado día 26 de outubro e que finalizou cun resultado favorable ás locais de 3-0 (26/24 25/6 25/23).
Primeira derrota do Zalaeta na presente liga diante dun Torrelavega que avanza na clasificación nun bo inicio de tempada. Non tiñan o día as de Jorge Barrero que se viron superadas polas cántabras encaixando un 3-0 e realizando un segundo set para esquecer, o peor realizado no que vai de competición. Foi baixo o rendemento das do Instituto que xogaron por baixo das súas posibilidades, sendo a súa máxima anotadora Alba Quirós con 11 puntos seguida de Inés Rivas con 6. Por parte do CV Torrelavega e máxima anotadora do encontro Kamil Saimari con 13 puntos seguida de M. Alejandra Torres con 12 puntos.
Próximo partido no Barrio ante o CV Torrejón.