/COPA GALICIA

COPA GALICIA

  En San Sadurniño celebrabase a final da Copa Galicia 24 na que o equipo do Instituto defendía o título logrado a tempada anterior, pero non puido lograr la victoria cedendo ante o EMEVE de Lugo,equipo da Liga Iberdrola.

A XLI edición da Copa de Voleibol – Xunta de Galicia serviu como test para comprobar o estado do equipo e probar diferentes combinacións. Dez sets en total para dar rodaxe a todas as xogadoras, cun balance final dunha vitoria, na semifinal contra o Aceites Abril CVO, e unha derrota na final contra o Arenal Emevé.

O primeiro partido, estreo do novo grupo, tivo os claroscuros e cambios de ritmo propios das “primeiras veces”, contra un rival maila que descendido o curso pasado, que veu a reforzarse con xogadoras estranxeiras para a súa andaina este curso na Primeira Nacional, na que lle desexamos moita sorte!

Na Gran Final, fóra xa os nervios do debut, e sen medo a nada, enfrontámonos a un rival superior ao que soubemos poñer en aprietos. Despois dun primeiro set no que as nosas entraron enchufadas e mandaron no marcador até o final, conseguiron anotalo a favor a pesares da remontada das lucenses. Co pulo de finais de set, e facendo valer a súa categoría superior, foron as de Higinio Artiles as que se levaron o segundo e o terceiro parciais. Non obstante as nosas non baixaron, e forzaron o cuarto para chegar ao quinto. Ao final, un punto máis de calidade e experiencia decantou o título de volta para a Terra Chá. Noraboa ás Campioas, e moita sorte esta tempada!

  • Semifinal 1 -Arenal Emeve 3 – Conforgal Xuvenil Teis 1 (25-17/25-21/23-25/25-14).
  • Semifinal 2 – Zalaeta 3 – Aceites Abril CVO 2 (25-15/23-25/25-11/21-25/15-4).
  • Final- Arenal Emeve 3 – CVI Zalaeta 2 (24-26/25-16/25-18/24-26/15-9).
  • Arenal EMEVE (Federación Galega de Voleibol)