Suma 3 novos puntos o equipo do Instituto despois da súa vitoria ante o VP Madrid en partido correspondente á terceira xornada da liga de SF2 no fortín do Barrio da Flores, onte sábado ás 17:30, e van tres de tres.
Partido sen complicacións para as de Jorge Barrero que cun gran ambiente nas bancadas impoñíase comodamente ás madrileñas cun resultado de 25-12; 25-21 e 25-18 (75-51), sendo unha vez mais a coruñesa Inés Losada a máxima anotadora do encontro con 14 puntos (5 ACES) seguida de Alba Quirós e Inés Rivas ambas con 9 puntos. Polo VP Madrid Marina Garrigós con 8 puntos e Lucía Rodriguez con 7.
Este resultado devolve ao CV Zalaeta á primeira posición provisional da clasificación tras a derrota do Fede Ascensores La Laguna e pendentes do resultado do partido entre Leganés e Extremadura Arroyo.
Próxima xornada desprazamento a Cantabria para xogar contra o CV Torrelavega.