/UNIVERSIDAD DE VALLADOLID 3 FISIOMÁSZALAETA 1

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID 3 FISIOMÁSZALAETA 1

   O Valladolid retén os tres puntos na súa cancha que lle serven para continuar comodamente na quinta praza da clasificación e deixar á marxe a un rival directo.

 
   O partido comezaba cun pequeno atraso sobre o horario previsto no Pavillón Fuente de la  Mora de Valladolid, e dirixido polo colexiado Alonso Itamar tivo unha duración de 01h 28m e finalizou cun resultado de 3-1 con parciais: 25-15; 25-17; 16-25 e 26-24.
 UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: Alba García, Elena Rivera, Sonia Martín, Marta Olmedo, Paula  Santamaría, Mª Vitoria López, Ángela González, Sandra Palma, Ana Alonso, Raquel Palma, Anais Álvarez de Granada e Fátima Aguirre.
 Adestrador, Álvaro Hernández.

 FISIOMÁSZALAETA: Patricia Santos, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez.
 Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Nun primeiro set no que se adiantaba o Zalaeta no primeiro parcial, pronto se viu superado polas locais que aos poucos se foron impoñendo para superar ao rival amplamente e poñer o 1-0 no marcador. O segundo set cun mesmo nivel de xogo que no primeiro, o UVa non deu opcións ás coruñesas e encarrilou o partido cara a un final predicible dominando a un Zaleta que careceu de ambición e que se viu dominado en todos os parciais.
  Necesitábase unha reacción por parte do FisiomásZaleta, e esta pareceu chegar no terceiro, cun xogo máis serio, adiántanse no marcador desde o comezo do set sen permitir que o rival se achegue e poñen o 2-1 no marcador cun xogo que daba pé a crer na remontada, que se podía puntuar na difícil cancha valisoletana. Chegamos ao cuarto set co mesmo xogo, xa estaba máis centrado o equipo de Barrero, dominábase con escasas diferencias pero quen tiña que remontar eran as locais, e chegamos ao terceiro parcial do set cun 21-20 co que o Universitario demostraba que non quería deixar escapar o partido, final apertado, emocionante no que o Zalaeta ten as súas opcións de lograr o empate pero finalmente non o consegue e todo se difumina cun 26-24.
  Mal partido das coruñesas, un día de viaxe pode influír no rendemento, pero non se atoparon a gusto na cancha, non funcionou o bloqueo, cometéronse erros  e deixaron que o Universitario fixese o seu partido e con soamente xogar quedase cos tres puntos. Os erros continúan lastrando o xogo das coruñesas, sendo o equipo que máis erros de saque comete, 16 na xornada de hoxe por 7 o Uva.
  En ataque, porcentaxes parecidas, 122 ataques o Uva con 41 puntos e un 34% de eficacia, e o Zalaeta 120, 40 e 33%. Raquel Palma con 16 puntos máxima anotadora do partido seguida de Anais Álvarez de Granada con 10. Por parte do Zalaeta, Tania Cobos con 10 puntos seguida de Paula Castro con 8.

 O partido disputado en Valladolid, non foi unha das nosas mellores actuacións. Comezamos o partido cambiando ben, sempre á primeira ata o punto 15, algo que é inusual en nós,  pero foi a faceta que nos mantiña con vida no set, aínda que finalmente penalizabamos cunha escasa resposta defensiva ante os seus ataques polas ás que nos facían dano. Co 15-15 atascámonos nunha rotación na que non fomos capaces de cambiar, aprovéitano as locais e marcan a diferenza que pecha o set.
 O segundo foi nosa peor manga das disputadas, moito fallo acumulado no ataque, condénannos desde o principio de set no que con 12-4 abaixo, xa esgotaramos os tempos mortos. No terceiro set, a nosa lectura sobre o partido cambia, e logramos levar ao erro de ataque unha e outra vez á Uva, que non pechaban xa con tanta facilidade os balóns de ataque, con iso conseguimos levarnos sen moitos apuros o terceiro set. No cuarto entramos ben, mantendo nosa dinámica do terceiro, aínda que as locais tamén melloran substancialmente. Algúns erros de saque en momentos puntuais, condénannos á derrota no mellor set e máis igualado dos 4 disputados onte no pavillón de Fuente de la Mora.

 Fernando Cueto.

TAGS: