/FISIOMÁSZALAETA 3 RGC COVADONGA 0

FISIOMÁSZALAETA 3 RGC COVADONGA 0


  Vitoria local no partido correspondente á xornada nº 15 disputado esta tarde en Barrio das Flores, que dirixido polo colexiado Justo Olea comezaba ás 19:00 e tiña unha duración de 01h 07m e finalizaba cun resultado de 3-0 con parciais: 25-18; 25-13 25-15.


FISIOMÁSZALAETA:  Cristina G. Bermejo, Sofía Hidalgo, Alba Quirós, Paula Castro, Andrea Rivas, Olalla G. Taibo, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Tania Cobos, Rocío Durán, Susana Suarez e Noa Sánchez.
Adestradores, J. Barrero, JM Sánchez e F. Cueto.

RGC COVADONGA: Miriam Dieguez, Cecilia González, Paula Sánchez, Marta Rodríguez, Sarai Delgado, Alba Hernández, Andrea Lorenzana, Lucía Álvarez, Cristina Chamoso, Thalia Estévez, Mª Teresa Martínez e María Martín.
Adestradores, Saúl Pérez e Daniel Suarez.

  Bo partido o realizado polas pupilas de Barrero que se desfixeron do rival pola vía rápida en tres sets cun folgado marcador.
  Comezaron o partido tomando a iniciativa as xogadoras do Zalaeta, indo por diante das xixonesas en todos os parciais, para finalizar o primeiro set ao seu favor cun 25-18. E así continuou o partido, o segundo e o terceiro set igual que o primeiro, cun equipo local que non deu opcións ao seu rival, cun xogo moi serio impúxose rotundamente 3-0 e sumou tres novos puntos na súa despedida no Barrio das Flores.
  Cunha eficacia en ataque dun  41%, e cometendo moi poucos erros, 15 en total por 28 o Grupo, foi un dos mellores partidos da tempada no que as xogadoras non sentiron a presión e foron capaces de pasarlla por completo ao rival que en ningún momento se atopou a gusto na cancha e estivo a mercé das coruñesas que levaron o ritmo do encontro.
  Paula Castro foi a máxima anotadora do encontro  con 12 puntos e un 45% de efectividade en ataque, seguida de Susana Suarez con 9 puntos. Por parte do Grupo, Cristina Chamoso con 9 puntos foi a súa máxima anotadora seguida de Miriam Diéguez con 7. 
  Próximo partido fora da casa ante o Universidad de Valladolid o sábado 13.  
TAGS: