/PROMOCIÓN DE ASCENSO LIGA CADETE

PROMOCIÓN DE ASCENSO LIGA CADETE

VER + FOTOS
  Xogouse o primeiro partido da eliminatoria que enfronta ao Zalaeta e ao XAV na promoción de ascenso a Liga Galega Cadete, no Pavillón do Instituto. Dirixido polo colexiado FL Barrallo,
comezaba ás 11:30 e cunha duración de 01 h 52 m finalizou cun resultado
de 2-3 con parciais: 25-22; 17-25; 25-23, 25-27 y 10-15. Adestradores,
local Mery e visitante Oubiña.

  C. I. ZALAETA: Andrea, Noemí, María, Cata, Inés, Marina, Bea, Salam, Lucía, Noelia, Paula e Blanca.

 XAV CAMBADOS: Favilla, Varela, Fontenla, Santorum, Parada, Costa, Martínez, Oubiña, Castro, Crespo e Jimenez.


  Victoria visitante nun partido competido e moi disputado, con opcións para ambos os dous contendentes. No primeiro set as de Cambados
dominaban o marcador cunha pequena diferenza que as do instituto
souberon neutralizar na parte final deste para poñer o 1-0. O segundo é
de Cambados que supera as locais coa maior diferenza do encontro, e de novo a alternancia no marcador nos deixa o terceiro a favor do Zalaeta. Co 2-1 chegamos ao cuarto, clave no encontro, no que as xogadoras de Mery se adiantan dende o inicio cun parcial de 7-1 que parecía que ía decidir o partido, pero o XAV quere o empate e logra remontar para poñer o 2-2 no marcador nun emocionante final: 25-27 e resolver no tie-break ao seu favor, logrando con esta vitoria un importante vantaxe para o partido de ida que será na súa casa en Cambados.
  Bo
partido o que xogaron ambos os dous equipos, con alternancia no
marcador que tivese merecido unha repartición de puntos se iso fose
posible. A clave estivo no cuarto set en que as locais puideron alzarse
co triunfo ao gozar dunha ampla diferenza que a falta de experiencia non
os deixou aproveitar e non souberon pechar ao seu favor un set que era
seu e significaba o partido. A remontada visitante deulle ás ás de Oubiña que se plantaron no quinto coa moral alta e se levaron o partido.
TAGS: