/OUTROS RESULTADOS: LIGAS GALEGAS.

OUTROS RESULTADOS: LIGAS GALEGAS.

  Desprazamento do equipo xuvenil a Bertamirans para xogar o encontro correspondente á terceira xornada de liga ante o IES Ames.
  O partido deu comezo ás 18:30 dirixido polos colexiados Sánchez e Ares e finalizou cun resultado favorable ás visitantes de 0-3, con parciais: 12-25; 16-25 y 7-25.

IES Ames: Quevedos, Bostán, Antelo, Rodríguez, Viaño, Rieibo, Castro, Torreira, Rios e Pérez.

 C.I. Zalaeta: : Inés Rivas, Noemí Vázquez, Susana Suarez, Lidia Gudge, Nerea Tabeayo, Ana Calvo, Raquel Rey, Paula Lema e Ana Mª Ceba.


  Partido disputado no Municipal de Bertamirans con numeroso público e bo ambiente nas bancadas, onde o Zalaeta, baixo a dirección de Pepe Díaz,
logra a súa terceira vitoria nun encontro doado para as coruñesas e que
lle serve para encabezar a clasificación momentaneamente en solitario.
  “A mellor do encontro foi Susana, relátanos Pepe, nun encontro no que o grupo tivo un bo comportamento. Cabe destacar a adaptación das novas incorporacións desta tempada, Noemí Vazquez, colocadora, e Lidia Gudge, receptora”.
…………………………………………………….
  A continuación xogouse o partido de 2ª Div A, segundo da tempada do Autos Cancela, correspondente á terceira xornada de liga, que o enfrontaba ao CV Bruxas.
  Partido disputado, a pesar do que aparente o marcador, 0-3, con parciais, 23-25; 11-25 y 21-25. O Autos Cancela Zalaeta foi superior ao Bruxas
aínda que lle custou entrar no partido, disputando un primeiro set moi
axustado, e reaccionando no segundo que solucionou pola vía rápida. No
terceiro de novo as locais subiron o nivel e non deixaron irse
doadamente ao rival.
Hoxe era o día de Susana, que para Pepe Díaz,
“realizou outro bo partido, sobre todo en defensa. Este foi un partido
no que houbo opcións de dar xogo a todas as xogadoras, o que fixo que os
sets se igualasen mais “.

  Súmanse tres novos puntos que o fan escalar postos ao equipo na clasificación.

CV Bruxas: Quevedo, González, Aboy M., Rodríguez, Lizuaín, Martínez, Aboy, Antelo, Suarez, Catalán e Martínez.

Autos Cancela Zalaeta: Inés Rivas, Noemí Giudice, Susana Suarez, Lidia Gudge, Nerea Tabeayo, Sara R. Amarelle, Elena Sardiña e Paula Lema, Raquel Rey, Ana Calvo e Noemí Vázquez.

……………………………………………………… 

LIGA ZONAL CADETE FEMININO

VER + FOTOS

  Comeza a Liga zonal Cadete na que o Zalaeta, con dous equipos A e B, se encontra encadrada no Grupo A, do que na mañá de onte sábado se xogaron os dous primeiros partidos.
  Romperon o xeo a pequenas do B, que se enfrontaron ao equipo Fisio Che Ben San Sadurniño a partir das 10.00 no Instituto Zalaeta. O partido, dirixido polo colexiado FL Barrallo,
resultou favorable ás visitantes, que impuxeron o seu xogo ante un mais
novato equipo local que cedeu un 0-3 con parciais 17-25; 11-25 y 19-25.
  Polo C.I Zalaeta B xogaron: Blanca, María (L), Alejandra, Sara, Sabela, Claudia, Xoana, Silvia, Nerea, Marina.

  Moitos nervios neste comezo de liga que Mery viu así: “Non estivo mal para ser o primeiro partido, é un equipo en formación que ten xogadoras que comezaron este ano co volei.
Tivemos moitos erros non forzados, castigáronnos co saque e en defensa
comezamos a un nivel baixo para ir mellorando. Deixámonos ir en momentos
que resultaron decisivos do partido ante un equipo con máis experiencia
que aproveitou as súas oportunidades para poñer diferenza no marcador”.

 ………………………………………………………..

 
 O segundo partido de Cadetes enfrontou o C.I Zalaeta A co CV Padrón, tamén no Pavillón do Instituto, que finalizou cun resultado de 3-1 a favor das pupilas de Mery, con parciais 21-25; 25-12; 25-11 y 25-17.

Polo C.I Zalaeta A xogaron: Andrea, Noemi (L), Mariña, Nati, Vendrell, Salam, Crespí, Paula Rey, Bea, Cata, Candea, Inés.

  Un
equipo con máis prestancia o que saltou á pista aínda que lle custou
entrar no partido, circunstancia que aproveitaron as de Padrón para
gañar o primeiro set. O segundo foi diferente, as locais mostraron as
súas cartas, fóronse arriba e despregaron un bo xogo co que se impuxeron
ás rivais con solvencia, e así continuaron todo o partido para
conseguir os puntos en xogo. Pelexaron en defensa, o que deu bos
resultados e estiveron moi ben ao saque, en particular Andrea que fixo bastante dano. “Estou moi contenta do xogo que fixeron as xogadoras, di a adestradora, aínda que no primeiro set estaban totalmente descolocadas, con ánimo souberon refacerse e deron a mellor delas”.
…………………………………………………………… 


LIGA GALEGA INFANTIL

 

  Ás 11:30 iniciábase o partido correspondente á 3º xornada de Liga Galega infantil entre o C.I Zalaeta e o X. A. V. Cambados, segundo para as do Instituto ao ter sido aprazado o partido da xornada anterior. Dirixido polo colexiado FL Barrallo e cunha duración de 01 h 06 m, finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 14-25; 9-25 y 16-25. Adestradoras, local, Cristina e Andrea e visitante Oubiña.
  C.I ZALAETA: Claudia Carreja, Noelia Carballal, Ainhoa Castro, Daniela Domínguez, Celia Edreira, Eva Jáudenes, Alba Mosquera, Iria Pérez, Paula Rey, Inés Rúa e Lucía Vendrell.
  XAV CAMBADOS: Martínez, Castro, Costa, Crespo, Jimenez, Oubiña, Parada, Torres, Pontanilla e Reboreiras.

TAGS: