/SF2: RED PISOS TORREJÓN 1 FISIOMÁSZALAETA 3

SF2: RED PISOS TORREJÓN 1 FISIOMÁSZALAETA 3

  O FisiomásZalaeta suma os primeiros puntos da tempada no seu desprazamento a Torrejón, onde se impuxo ao equipo local nun partido de infarto por 1-3 con parciais: 25-21; 23-25; 21-25 y 25-27.
    Encontro complicado para o Zalaeta
que tardou en entrar no xogo, o primeiro set foi das locais, cunhas
coruñesas sempre por detrás tratando de remontar, cousa que non lograron
claramente ata mediado o segundo set.
   Tocou sufrir neste primeiro partido no que o bo momento no que as pupilas de Jorge Barrero comezan a tempada, marcou a diferenza para lograr uns puntos que deixan ao Zalaeta no grupo de cabeza.
  Lydia con 17 puntos (6 de bloqueo) e Rocío con 13, foron as máximas anotadoras do FisiomásZalaeta, mentres que a oposta de Torrejón, María López, con 25 puntos, máxima anotadora do partido. O total de puntos foi de 94-98, o máis igualado do Grupo A.

  RED PISOS TORREJON: Poza, Ramírez, Carrasco, García Martínez, García Sacristán, Revilla, Balda, Álvarez de Diego, Ochoa, López Quevedo e García Pando.

  FISIOMÁSZALAETA: Cristina G. Bermejo, Sofia Hidalgo, Alba Quirós, Irene Vázquez, Andrea Rivas, Sheila Arias, Teresa Álvarez, Lydia Alonso, Sara Díaz, Rocío Durán e Noa Sánchez.

 “Primeiro partido de tempada ante un valente Rede Piso Torrejón
que se plantou no campo con moitas ganas e as ideas de como conseguir
os puntos moi clara, arriscando moito no saque e cunhas defensoras moi
ben posicionadas e moi acertadas tanto en defensa coma en apoios de
bloqueos, o cal lles permitiu avanzar no marcador con vantaxes de 5 e 6
puntos no primeiro set, sempre por diante de nós. Unicamente logramos
poñernos a 1 punto, 20-19, despois dun gran refacho de Rocío dende a
liña de saque.
  A primeira metade do segundo set foi seguramente nosa
peor parte do partido, o equipo madrileño conseguira co saque e co
bloqueo poñernos contra as cordas, momentos nos cales nos foi
practicamente imposible atacar por zona 4, xa que contaban con dúas
bloqueadoras de grande envergadura, tanto a colocadora coma a oposta
roldan o 1.85 m.   Despois do segundo tempo técnico e logo de pasar o peor momento do partido foi cando conseguimos reaccionar e con Tere
na dirección do equipo, fomos capaces de levarnos un set moi apertado. O
terceiro set foi o máis cómodo para nós, sempre por diante no marcador e
con moita máis confianza no saque, conseguimos diminuír os nosos erros e
levantar moitos máis ataques das de Torrejón. O cuarto foi o que máis alternativas mostrou do partido, sendo dominado nunha primeira parte por nós e unha segunda parte por Torrejón, chegando elas a ter dúas pelotas de set para poder forzar o tie-break.
  Unha
das claves, foi o bo estado físico co que chegamos ao remate do
partido, onde logramos levarnos puntos longos, o que ao final do
encontro marcou a diferenza”.


Resumo de F. Cueto.

TAGS: