/O EMEVE DE LUGO PROCLÁMASE CAMPIÓN DE COPA GALICIA FEMININA.

O EMEVE DE LUGO PROCLÁMASE CAMPIÓN DE COPA GALICIA FEMININA.

EMEVE
  Finaliza o torneo de Copa Galicia cun claro vencedor, o conxunto de José Valle
alzouse co título sen discusión despois de impoñerse en todos os
encontros disputados, e como líder invicto, repite campionato por
segundo ano consecutivo. Aos rivais só quédanos felicitar o campión, e
retalo para a próxima tempada, que non o vai ter nada doado.
  A xornada final foi un calco da primeira, o FisiomásZalaeta
gaña un partido e perde outro. Nun fin de semana moi activo para o
equipo coruñés, cun dobre desprazamento, a Avilés o sábado e a Lugo
o domingo, esperábase un mellor rendemento nesta final, pero ningún
rival se deixou sorprender doadamente, e ao cabo completáronse as
xornadas máis intensas da pretempada na que vimos bos momentos de xogo
que xa se aproximan ao rendemento que os técnicos esperan do equipo para
unha Liga regular que  está a punto de comezar.
  “Ultima xornada de Copa Galicia 2014, na que acusamos seguramente o cansazo da xornada de onte, e na
que non logramos mostrar o xogo despregado en Avilés contra o CV Torrelavega. No primeiro partido contra Teis, empezamos cómodos no campo e dominando con claridade, levámonos un primeiro set, no segundo cambiaron as tornas e foi o Xuvenil
o que nos dominou e levou un set sen moito esforzo, custounos todo o
segundo set e o terceiro ata case o final adaptarnos ás modificacións
que foi facendo Teis no seu xogo e que nos
levaron a estar 19-11 por debaixo no marcador, a chegada dalgunha
xogadora con máis confianza ao saque como foi o caso de Tania, deunos a posibilidade de levarnos un set que perdiamos con moita claridade. O segundo partido contra EMEVE,
disputamos os dous primeiros sets cun nivel aceptable, o que nos
permitiu estar moi preto delas no marcador e mesmo por diante nalgunhas
ocasións, movemos mellor que outras veces o saque pero para poder
levarnos algún set quizais faltounos algo máis de agresividade dende os 9
metros. Unha vez finalizada a xornada de hoxe quédanos a última semana
de pretempada que concluirá cun moi interesante duelo contra o RGC Covadonga,
e que será noso último test antes de comezar a competición oficial,
será un duelo no que os dous equipos estarán máis próximos do seu nivel
de competición e que seguramente será disputadísimo”.
 Crónica de F. Cueto.
  FISIOMÁSZALAETA:  Cristina G. Bermejo, Patri Santos, Tere Álvarez, Lydia Alonso, Andrea Rivas, Irene Vázquez, Alba Quirós, Rocío Durán, Sheila Arias, Sara Díaz, Tania Cobos, Sofía Hidalgo e Noa Sánchez. Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.

 

                                         

                        Xuvenil
Teis  0  –  EMEVE  3            
(16-25; 22-25 e 21-25)

                        FisiomásZalaeta  2 –  Xuvenil Teis 1 
(25-23; 22-25 e 28-26)

                        EMEVE  3  – 
FisiomásZalaeta 0       (25-22;
25-22 e 25-20)
…………………………………………………………….

CALDARIA VOLEYOURENSE

  En canto á Copa Federación, o equipo Caldaria
VoleyOurense
proclamouse campión da categoría, mostrándose intratable
ao longo de todo o campionato, no que non cedeu un só punto ao impoñerse
en todos os encontros disputados.
  O Autos Cancela Zalaeta, que o sábado perdeu os seus dous partidos, cede a segunda posición ao CV Pontevedra, mentres o XAV Cambados pecha a clasificación.
  Obxectivo
cumprido, a disputa da Copa no presente formato, permite aos equipos
realizar unha pretempada máis competitiva e ter unha visión do que lles
espera na competición autonómica que comeza o próximo fin de semana.
……………………………………….

 
  Finalizou tamén a Copa Promesas, que na súa primeira edición para a categoría cadete, proclamou vencedor o equipo lucense do EMEVE. Esta categoría foi a de maior equipos inscritos, de modo que se dividiu en tres grupos que deron como resultado tres finais, A, B e C.
  O
equipo do Instituto clasificouse na final C, en disputouna a súa última
fase o pasado sábado e na que venceu un partido e perdeu outro. Os
partidos ante o Narón Volea A e o XAV Cambados B, foron moi disputados con resultados moi axustados, e marcaron a evolución positiva das xogadoras de María e Pepe, para as que a experiencia foi moi positiva.

   María cóntanos como viu os partidos:
 
                      NARÓN A 2 – CI ZALAETA 1              (25-23; 21-25 E 25-23).   
 Foi un partido moi disputado,
os dous equipos fixeron bo xogo, e o marcador estivo moi axustado. Pero
elas souberon aproveitar ben as oportunidades que tiñan a favor, e a nós  faltounos decision neses momentos, e ao final o partido caeu do lado das de Narón.

                         CI ZALAETA 3 – XAV CAMBADOS 0     (25-18; 25-19 E 26-24).
 Equivocámonos
bastante en defensa, faltou comunicación entre as colocadoras e as
atacantes. Pero non fixemos mal partido. Elas pelexaron todos os balóns e
os puntos mais longos decantáronse do seu lado. Nos momentos mais
complicados viñémonos arriba e puidemos finalizar todos os sets a favor.

  Estou satisfeita da actitude mostrada polo equipo na xornada de hoxe.