/DEPORTE ESCOLAR

DEPORTE ESCOLAR

 Finaliza a Liga de Deporte Escolar en Monte dás Moas cun encontro que enfrontaba ao equipo do Instituto co campión da categoría, o equipo de Oleiros.
 Nun partido moi igualado e emocionante, no que ambos os dous equipos despregaron o seu mellor xogo, o Zalaeta impúxose por un 2-0, con parciais moi axustados, os dous co mesmo resultado: 25-23.
 O equipo de Zalaeta
estivo moi ben ao saque, apertando bastante a recepción do rival.
Elabóranse ben as xogadas e inténtase superar o bo bloqueo contrario, e
defender o seu ataque. A mellora no xogo é evidente: día a día as
xogadoras van aumentando o seu rendemento, ao que hoxe se lle suma a boa
actitude, empezando o partido con moitas ganas e celebrando todos os
puntos, animándose unhas a outras e divertíndose.
 O conxunto de Oleiros demostrou por que é o líder da categoría, realizou un bo partido aínda que non o suficiente para gañar hoxe ao Zalaeta ante unha bancada moi concorrida que animaba sen parar os seus equipos.
 Botamos de menos á central Cata, ausente por motivos persoais. Foi a única baixa na xornada de hoxe.
TAGS: