/cvleganes.com 0 FISIOMÁSZALAETA 3

cvleganes.com 0 FISIOMÁSZALAETA 3

   Hoxe sábado, xogábase no Emilia Pardo Bazán de Leganés o partido correspondente á 8ª xornada da SF2 a partir das 19:00. Dirixido polos colexiados A. González Muñoz e M. Saffioti, tivo unha duración de 01 h 03 m, e finalizou cun resultado de 0-3, con parciais: 18-25; 21-25 y 17-25. Adestradores, local, A. Vos Saz e JJ Vos Saz, visitante, J. Barreiro e JM Sánchez.

  cvleganes.com: 1 Noelia Tejero, 2 María Martín, 3 Luisa Rodríguez, 4 Almudena Montalvo, 5 Paula Gabín, 6 Clara López, 7 Judith García, 9 Laura Monzón, 11 Verónica Marugán, 13 Raquel Díaz e 15 Sandra Álvarez.

Sete inicial: María, Luisa, Clara, Judith, Laura, Verónica e Sandra.

  FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 5 Macarena Corbo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 12 Margarita Echeverría, 13 Alba Quirós, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.
   Sete inicial: Cristina, Chey, Marga, Rocío, Alba, Sara e Sofi.

  Bo partido do FisiomásZalaeta que lle valeu os tres puntos no seu desprazamento a Leganés. No primeiro set vimos o mellor CV Leganés
que realizou un bo primeiro cuarto, pero que non soubo seguilo ritmo
ao equipo coruñés, no que o gran partido realizado pola colocadora Cristina
levou o seu equipo á vitoria. O segundo foi parecido ao anterior, as
locais saen forte, pero tópanse cun rival que non cede e amparado nunha
boa defensa marca o ritmo do xogo e adiántase no marcador poñendo o 0-2.
 
O terceiro set é o mellor das visitantes que non ceden no seu ritmo
de xogo, comezan cun parcial de 0-5 e manteñen a vantaxe para impoñerse
coa maior diferenza do partido.
  “O mellor do partido, dinos Jorge Barrero,
foi a regularidade no xogo, seguramente o partido máis regular de toda a
tempada, mantivemos a tensión durante todo o encontro e ata decidimos no
terceiro set, que foi no que mellor xogamos, e que era nosa materia
pendente ultimamente”.

  Metidas no partido de principio a fin, as
do instituto logran unha vitoria que as afianza na cuarta posición nunha
clasificación na que o Torrelavega, líder ata hoxe, protagonizou a sorpresa da xornada ao perder ante o Teis por 3-0 nun gran partido das de Veloso que coloca o EMEVE en primeira posición despois da súa vitoria ante o Tenerife. O Grupo mantense ao gañarlle a La Curtidora no derby asturiano, equipo que perde arrancada no medio da táboa.
  Sinalar o bo partido de Cristina, moi ben no saque e ao bloqueo, e os 13 puntos de Sara e 10 de Alba.
   A próxima xornada, de novo voleibol no Barrio onde o FisiomásZalaeta disputará o partido correspondente a novena xornada na casa, nada menos que ante o RGC Covadonga de Xixón segundo clasificado.
…………………………….

  
  Tamén pola tarde, no Pombal de Cambados, enfrontábanse os equipos de 2ª Div. A, o XAV Cambados co Autos Cancela Zalaeta, nun partido dirixido pola colexiada Natalia Díaz
que tivo unha duración de 01 h 36 m e finalizou cun resultado de 1-3
con parciais, 13-25; 25-22; 17-25 y 22-25. Adestradores, local, Silva, e
visitante, D. Hermida.

  XAV Cambados: 7 Oubiña M., 12 Silva, 3 Charlín, 4 Cortegoso, 8 López, 9 Vila, 15 Oubiña R., 5 Gómez, 1 Vidal, 2 Barreiro e 6 Millán.

  AUTOS CANCELA ZALAETA: 9 Sara R. Amarelle, 6 Tania Cobos, 2 Ana Mª Ceba, 11 Ana Calvo, 1 Susana Suarez, 15 Paula Bermudez, 13 Paula Lema, 7 Inés Rivas, 3 Nerea Tabeayo, 16 Irene Villaverde e 2 Elena Sardiña.

   Esperabamos un partido máis competido, pero o bo arranque das xogadoras do Autos Cancela Zalaeta no primeiro set deixou fóra do partido ás de Cambados que non puideron reaccionar e ceden o 0-1. O segundo set é máis igualado, o XAV
controla o xogo ante a relaxación das visitantes que perden tensión e
non son capaces de impoñerse, perden o set de forma axustada. Co 1-1 no
marcador, o partido estaba aberto, repartición de puntos e de
intencións, pero o Zalaeta, que ía a Cambados
a polos puntos, reacciona e volve xogar outro bo set no que lle
funciona o ataque, defenden ben e mais centradas cometen menos erros e
gañan o set, 1-2. No cuarto e definitivo set as locais apertan e tratan
de alongar o partido, pero mediado o set, as de Coruña cobran unha pequena diferenza que fan valer para poñer o 1-3 definitivo.
  Os puntos que lle supoñen esta vitoria ao Zalaeta sérvenlle para gañar un posto na clasificación e non se distanciar mais do grupo que encabeza o UDC despois da súa vitoria sobre o Voleibol Ourense.

TAGS: