/TENERIFE SANTA CRUZ 3 FISIOMÁSZALAETA 2

TENERIFE SANTA CRUZ 3 FISIOMÁSZALAETA 2

   VITORIA DO TENERIFE SANTA CRUZ SOBRE O FISIOMÁSZALAETA NUN COMPLICADO E DIFÍCIL ENCONTRO QUE SE RESOLVEU NO QUINTO SET.

 

  Encontro xogado no P.
Municipal de deportes de Santa Cruz de Tenerife a partir das 17:00, hora
local, dirixido polos colexiados Pérez Moreno e Cabrera Oliver,
tivo unha duración de 02 h 03 m e finalizou cun resultado de 3-2, con
parciais: 22-25; 23-25; 25-20; 25-22 y 15-11. Adestradores, local, Armas
Negrín e Rodríguez Lorenzo, e visitante, Jorge Barrero.

   TENERIFE SANTA CRUZ: 1 Monica López, 3 Sara Rodríguez, 4 Andrea Morales, 6 Morais, 8 Melody Díaz, 9 Violeta Amoedo, 10 Melania Hernández, 11 Raquel Hernández, 12 Delgado, 14 Maya García, 15 Álvarez e 17 Teixido.
      

Sete incial:  López, Díaz, Hernández  M., Hernández R., Delgado, Álvarez e García.


   FISIOMÁSZALAETA: 1 Patricia Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo,  7 Andrea Rivas, 10 Sheyla Arias, 12 Margarita Echevarría, 14 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noemí Sánchez.

Sete incial:  Cris, Andrea, Chey, Marga, Sara, Rocío e Sofi

   Bo partido do Zalaeta
neste desprazamento a Tenerife, que realizou un bo comezo
adiantándose no marcador por 0-2, cun primeiro set no que remontou no
terceiro parcial unha pequena diferenza local, e no segundo mellorou e
dominou o marcador de principio a fin impoñéndose claramente. 

  En
cambio no terceiro set deixouse dominar polas tinerfeñas, que
reaccionaron facendo súa a posibilidade de alongar o partido, como nos
conta Cristina, ” parece que non sabemos
xogar o terceiro set para decidir o partido, estabamos a facer un bo
encontro e caémonos, pasounos como ante o EMEVE, e aínda que alí gañamos o quinto, aquí non fomos capaces de remontar. “

   No cuarto o xogo do Zalaeta mellora, pero non é suficiente, e no Tie Break o Tenerife Santa Cruz imponse claramente, soamente encontra resistencia no último parcial, e gaña o partido.
   O FisiomásZalaeta
realizou un encontro a moi bo nivel, destacando o labor de equipo,
todas a xogadoras empregáronse a fondo, destacando os 25 puntos de Sara, sendo a máxima anotadora do partido, Rocío con 17, Chey 12 e Cristina
10, seis deles de bloqueo; en conxunto fixéronse 15 puntos de bloqueo e
funcionou ben a recepción, de modo que o punto obtido sabe a pouco,
pero nos permite manter a cuarta posición na táboa mentres os primeiros
amplían diferenzas.

    A próxima xornada, outro desprazamento, nesta ocasión a Soria para xogar co CAEP.

    RFEVB

TAGS: