/FISIOMÁSZALAETA 1 VOLEI IS LIFE GRUPO 2008 3

FISIOMÁSZALAETA 1 VOLEI IS LIFE GRUPO 2008 3

   Non puido ser, FISIOMÁSZALAETA perdeu o partido de onte no Barrio ante un VOLEI IS LIFE GRUPO 2008 ALMERÍA moi compacto e serio por 1-3.

 

VER + FOTOS

  

  Comezaba o partido puntualmente ás 19:00, dirixido polos colexiados Cordeiro Fervenza e Folgar Fraga, e cunha duración de 01 h 46 m, finalizou cun resultado de 1-3, con parciais 20-25; 22-5; 25-18 y 17-25. Adestradores, local, Jorge Barrero e JM Sánchez, visitante G García Rguez. e Ruiz Rubio.

   FISIOMÁSZALAETA: 1 Patri Santos, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo, 5 Maca Corbo, 6 Irene Vázquez, 7 Andrea Rivas, 10 Sheila Arias, 11 Patri Suarez, 12 Marga Echeverría, 12 Sara Díaz, 15 Rocío Durán e 18 Noa Sánchez.

   Sete incial: Cris, Chey, Marga, Sara, Patri Suarez, Rocío e Noa.

  VOLEI IS LIFE GRUPO 2008: 1 Elena Martínez, 4 Marta Ruano, 5 Lucía Aniorte, 6 Rocío Payán, 7 Wanda Banguero, 9 Ana M. Díaz, 10 Mª José Díaz, 11 Elisabeth Almécija, 12 Cristina López, 15 Andrea García, 17 Pilar Pérez e 18 Nerea Fuentes.

   Sete incicial: Aniorte, Banguero, Sánchez, Almécija, López García e Pérez.

 

    Saltaron á cancha as coruñesas
non como nelas é habitual, convencidas e metidas no partido dende o
primeiro momento, e topáronse cun equipo que o que sabe facer o fai ben,
e se viron superadas claramente polas almerienses ás que cederan a
iniciativa, cunha Wanda Banguero que tivo un gran comezo e ás que as súas compañeiras cederon todo o protagonismo: 0-1.
 
No segundo set a actitude das locais cambiou, non se deixaban dominar
doadamente e querían remontar, adiantáronse no marcador controlando o
partido administrando unha diferenza de 2-3 puntos ata que sucedeu a
inoportuna xogada na que se lesionou Patri Suarez,
feito que trastornou a estratexia do equipo e actuou como un shock no
resto de xogadoras, que a partir deste momento se caeron e cederon o
set.
  O terceiro foi o da remontada do FisiomásZalaeta, os cambios realizados por Jorge Barrero, fixeron efecto, pasando a xogar con dúas centrais e unha oposta, lévase o set sen dar opción ao Volei Is Life.
Parecía que se ía recuperar o partido, e que o equipo animado pola
afección, ía forzar o quinto set, comézase ben, por diante no marcador,
pero o grupo estaba tocado, e a ausencia de Patri e a cohesión do rival frustran os intentos, e dun 8-6 inicial pásase un final 17-25, e set e partido para as visitantes.
 
Este foi o peor partido xogado ata agora polas coruñesas, pero unha
semana irregular de adestramentos con reiteradas ausencias por lesións
ou motivos laborais e un mal comezo de partido, sentenciaron a
imbatibilidade obtida nos encontros anteriores.

  “Comezamos moi mal o partido, di Jorge Barrero,
cun primeiro set no que deixamos facer ao rival, que ademais, realizou
un xogo moi regular e cohesionado e que estivo moi ben ao saque, esa foi a
clave do encontro. E a lesión de Patricia desarborounos, foi a puntilla, minguou o noso ataque e non puidemos rectificar ata o seguinte set. “
 

  Para G. García, adestrador do Volei Is Life, “neste partido fixemos o que o Zalaeta
nos deixou facer, realizamos o noso xogo, na nosa liña, estivemos moi
ben en recepción e iso nos permitiu construír ben o ataque, no que o
equipo cedeu o protagonismo a Wanda, que está nun gran momento e realizando moitos puntos. “

 
Moi ben a afección no Barrio, apoiando sempre ao seu equipo e gozando
dunha tarde de voleibol, dunha tempada que non finaliza aquí, senón que
acaba de comezar.
CALENDARIO SF2 ZALAETA
laopinioncoruna.es    Primera derrota del Zalaeta, que pagó la falta de intensidad.

…………………………..

VER + FOTOS

   O resto da xornada completouse coa visita de Boiro Voleibol, co que en primeiro lugar se xogou o partido correspondente á xornada n.º 4 da Liga Galega no Pavillón do Insitituto ás 11:00 da mañá. Dirixido polo colexiado A. Ares, tivo unha duración de 01 h 03 m e finalizou cun resultado de 3-0, con parciais: 25-10; 25-20 y 25-18. Adestradores, local, D. Hermida e T. Cobos, e visitante, Díaz.

     FISIOMÁSZALAETA: 8 Patri Santos, 18 Paula Lema, 9 Sara R. Amarelle, 7 Inés Rivas, 10 Ana Calvo, 1 Susana Suarez, 14 Raquel Rey, 4 Elena Sardiña, 2 Alba Quirós e 13 Nerea Tabeayo.

   JEALSA BOIRO VOELIBOL
: 3 Bugallo, 5 Outeiral, 6 Sampedro R., 12 Galban, 7 Gómez, 14 Sampedro F., 9 Castaño, 10 Bugallo e 8 Gatbache.
   
     
    Partido entretido, no que o Zalaeta se impuxo con comodidade ás de Boiro.
O equipo local foi superior nos tres sets, no primeiro obtivo unha
avultada diferenza e a continuación relaxouse permitindo un xogo máis
igualado e que serviu, ao mesmo tempo, para realizar cambios.
    Este resultado permítelle ao FisiomásZalaeta continuar no grupo de cabeza con só un partido perdido e a un só punto do primeiro e segundo clasificado.
…………………….

   Pola tarde, como previo ao partido de SF2, xogouse o partido de 2ª Div. A correspondente á xornada n.º 4 no Barrio das Flores, dirixido polas colexiadas Natalia Díaz e Nuria Mahía, e cunha duración de 01 h 08 m, finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-18; 25-17 y 25-12. Adestradores, local, J. Barreiro e visitante Martínez.
     
   AUTOS CANCELA ZALAETA: 8 Tania Cobos, 18 Paula Martínez, 12 Ana Mª Ceba, 3 Sara R. Amarelle, 15 Paula Bermudez, 1 Susana Suarez, 7 Inés Rivas, 13 Paula Lema, 2 Elena Sardiña, 13 Nerea Tabeayo, 4 Alba Quirós e 5 Verónica Mazotti.

  JEALSA BOIRO VOLEIBOL: 3 Díaz, 4 Rial, 11 Outeiro, 7 Bustelo, 2 Triñanes, 6 González, 15 Pouso, 16 Fernández, 14 Galbán, 8 Sampedro, 1 Castiñeiro e 9 Bugallo.
    
   Clara vitoria do Autos Cancela Zalaeta na súa casa, nun partido que dominou en todos os sets, por diante no marcador, agás nos comezos de segundo, no que as boirenses
comezaron moi metidas no encontro con ganas de remontar, pero non
puideron aguantar o ataque das do Instituto máis alá da metade do set.
As coruñesas melloraron o xogo realizado no anterior partido de Ourense
e sumaron tres novos puntos que son un balón de osíxeno nun frouxo
comezo de Liga, e á espera de regularizar o seu xogo para dar o seu
nivel na cancha.