/RESULTADOS DO SÁBADO 19 DE OUTUBRO

RESULTADOS DO SÁBADO 19 DE OUTUBRO

    Aciaga xornada en canto a resultados refírese, a obtida polo Zalaeta no seu desprazamento a Teis no día de hoxe.

  
A xornada comezou co partido correspondente á segunda xornada de
xuvenís de Liga Galega que se iniciou ás 11:45 e finalizou ás 13:05, e
que sendo dirixido polos colexiados, Olea e Diego, o equipo de casa obtivo unha contundente vitoria por 3-0, con parciais 25-17, 25-9 e 25-20. Adestradores, local, Cruz e Veloso, e visitante D. Hermida.
     
  
XUVENIL TEIS:  10, Larrán, 16 Calvo,
3 Veiga, 12 Lois, 2 Araujo, 18 Rodríguez CR., 15 rodríguez CO., 11 Pereira, 9
Fernández, 6 González e 5 Fuentes.

  
FISIOMÁSZALAETA:  9 Sara Amarelle,
18 Paula Lema, 6 Alba Fernández, 11 Sara Armesto, 2 Alba Quirós, 7 Inés Rivas,
1 Susana Suarez, 4 Elena Sardiña, 14 Raquel Rey, 13 Nerea Tabeayo e 10 Ana
Calvo.
   Comezou o partido cun primeiro set moi igualado no primeiro parcial no que os dous equipos trataban de dominar o xogo ata que o Teis,
cun parcial de 10-6, controla o rival cunha boa defensa e aproveitando
os erros das coruñesas pon o 1-0 no marcador. No segundo set o xogo
visitante vai a peor, o FisiomásZalaeta non se encontra na cancha, comete moitos erros e facilita a vitoria do Xuvenil que continúa moi organizado e que non perdoa a oportunidade que se lle ofrece: 2-0.
   O terceiro set é o da reacción das herculinas,
quérenlle dar a volta ao partido, céntranse, afinan o seu xogo e
inténtano, pero encóntranse cun equipo convencido de que a vitoria é súa
e non cede no set mais disputado e consegue a vitoria de set e de
partido.
   Tivo un mal día o equipo de David Hermida, con moitos erros que facilitaron o labor do rival, numerosos erros de saque facíalles perder a inciativa,
a efectividade en ataque, por refachos, e problemas en defensa e no
bloqueo.       
  Non realizaron o xogo que realmente saben facer, unha cousa son
os adestramentos e outra a competición, e a falta de rodaxe e de
compenetración é evidente. Indubidablemente a medida que avance a
competición, iremos vendo outro xogo e outros resultados.
   A mala noticia da xornada protagonizouna a xogadora de Zalaeta, Nerea Tabeayo, que de novo volvese a lesionar na cancha de Teis, un esguince do que lle dexesamos unha rápida recuperación.

   A próxima xornada, desprazamento para xogar ante o Fisioterapia Cinesia Noia.

 

   Ás 14:00 daba comezo o partido da segunda xornada de 2ª División A que enfrontaba aos mesmos equipos tamén no Municipal de Teis. Dirixido polos colexiados, Cordeiro e Moreira,
e cunha duración de 01 h 37 m, finalizou cun resultado de 3-1, con
parciais, 25-19; 16-25; 25-17 y 25-18. Adestradores, local, R. Lago, e visitante, D. Hermida.
  
XUVENIL TEIS:  14 Rodriguez, 16
Rivas, 5 Varela, 11 Gil, 8 Silva, 9 Domínguez, 2 Clemente, 3 rodríguez L.,  6 González e 15 Castro.
  
AUTOS CANCELA ZALAETA:  8 Tania
Cobos, 18 Paula Martínez, 14 Alba Fernández, 4 Alba Quirós, 9 Susana Suarez, 7
Inés Rivas, 13 Paula Lema, 9 Sara Amarelle, 6 Irene Villaverde, 3 Elena
Sardiña, 5 Verónica Mazzoti e 12 Ana Mª Ceba.
   No primeiro set o equipo visitante ponse por diante nos primeiros compases para afrouxar na parte final e ceder o 1-0 ante un Teis mais compenetrado e con menos fisuras. De novo na segunda manga, o Zalaeta
volve tomar o mando dende o comezo do xogo e realiza o mellor set do
partido, concentradas e con menos erros, conseguen abrir oco e
distanciarse obtendo a maior vantaxe do encontro: 16-25.
  
Presenciamos un partido igualado, cos mesmos comezos: o Autos Cancela
sempre por diante ao comezo, tamén no terceiro, pero esta vez o set cae
de novo de parte do Xuvenil, que é capaz de aguantar ordenadamente os embates das coruñesas que ceden inexplicablemente no último cuarto. No cuarto as de David Hermida saen decidas a polo empate para xogálo todo no Tie Break, pero a lesión da capitá Tania Cobos e o cansazo causou efecto nas xogadoras coruñesas e non lles permiten superar ás de Teis, que poñen un definitivo 3-1 no marcador.
   O Autos Cancela Zalaeta
presenta un equipo renovado, no que a maior parte das xogadoras apenas
teñen experiencia na categoría, o que unido á falta de partidos neste
comezo de tempada, pasa factura. A competición irá pulindo defectos e o
labor do adestrador fará que o rendemento do equipo sexa outro e as
xogadoras se vaian coñecendo e a compenetración sexa maior.
   Mencionar a debut nesta xornada da xogadora Verónica Mazzoti, central recentemente incorporada á disciplina do Zalaeta, cuxa achega será importante para o equipo.

   A próxima xornada, preséntase complicada coa visita á cancha do campión de tempada pasada, o Galitrans Viajes Embajador UDC, o domingo 27.
TAGS: