/SEMIFINAIS DA COPA GALICIA

SEMIFINAIS DA COPA GALICIA

   FisiomásZalaeta clasifícase para a final da copa Galicia despois de vencer o Caldaria Voley Ourense: 0-3


  

  
  Hoxe domingo xogouse a semifinal da Copa no IES Ferro Couselo de Ourense, que decidía o que será o rival do EMEVE de Lugo na final de Copa Galicia 2013
  O encontro comezou ás 17:45 sendo dirixido polos colexiados Vázquez Cabano e Martín Hernández, e que cunha duración de 01 h 10 m, finalizou 0-3, con parciais: 22-25; 17-25 y 23-25. Adestradores, local, Pérez e visitante J. Barreiro.

  Caldaria Voley Ourense: 14 Blanco, 12 Oliveira, 5 Ramón, 4 Dasilva, 2 Giraldez G., 10 Dieguez, 9 Outeiriño, 8 del Castillo, 1 González, 6 Giraldez J. e 16 Alonso.

  FisiomásZalaeta: 2 Cristina García, 18 Noa Sánchez, 6 Sofía Hidalgo, 15 Rocío Durán, 3 Irene Vázquez, 13 Patricia Santos, 1 Andrea Rivas, 14 Sara Díaz, 12 Marga Echevarría e 11 Patricia Suarez.

  Partido de trámite para as coruñesas que se impuxeron claramente ao Voleibol Ourense nun partido de pouca calidade, no que o ataque do Zalaeta non funcionou ben en case ningún momento. O equipo de Jorge Barrero
fixo o xusto para non perder, cun marcador axustado, soamente no
segundo set dominaron claramente, parcial no que realizaron o mellor
xogo do partido.
  O Voleibol Ourense, ao
contrario que as súas rivais, estiveron metidas no encontro dende o
principio, e non se entregaron en ningún momento, sendo o saque a súa
mellor arma aínda que non suficiente para dobregar un equipo de superior
categoría ao que non podían parar cando lograba finalizar a xogada de
ataque.
  O mellor, o resultado, que lle dá paso ao FisiomásZalaeta á final, que ao igual que a
pasada edición, será contra o equipo lucense que obtivo o seu pase
despois de vencer en dobre partido o equipo de SF2 Xuvenil de Teis.
 
 
TAGS: