/CONTINÚA A PRETEMPADA.

CONTINÚA A PRETEMPADA.

     Tarde de Voleibol no Barrio das Flores na que recibimos a visita do RGC Covadonga noutra rolda de partidos de pretempada, co que nos enfrontamos en xuvenís e sénior con repartición de vitorias.

    Comezamos ás 16:00 co primeiro dos encontros no que o Zalaeta
se impuxo ás xuvenís do Grupo no que era o seu primeiro test da tempada
e que resultou un partido interesante no que os dous equipos buscan a
súa posta a punto e serve para que os adestradores poidan realizar as
probas oportunas, e no que vimos movementos dos bancos xa que houbo
oportunidades para todas as xogadoras que participaron. O Zalaeta aínda non ten toda o seu equipo a disposición do adestrador, xa que falta Susana Suarez, Ana M. Ceba e Irene Villaverde; Alba Quirós e Lydia Alonso, estas últimas por lesión.
   
O resultado foi de 3-1, con parciais: 25-23; 25-18; 23-25 y 25-22.
Moi igualados todos os sets, con alternancia no marcador, nun partido no
que os dous equipos loitaron pola vitoria realizando un xogo de bo
nivel a pesar da falta de rodaxe nunha pretempada a penas recén
comezada, o que nos dá unha lectura positiva do realizado na cancha.
    A continuación enfrontáronse os dous equipos de SF2, no que era o segundo test para as pupilas de Jorge Barrero
e ademais ante o mesmo equipo, o Grupo, que vén imbatido na súa
pretempada e que se mostrou xa a un bo nivel, que nos deixou bos
momentos de xogo na súa liña de non dar nada por perdido e que sabe
remontar.
       O resultado foi 1-3, con
parciais 25-17; 15-25; 19-25 y 20-25. O primeiro set foi para as
locais claramente, que se impuxeron comodamente ao equipo asturiano, que
non encontraba o seu sitio na cancha. Funcionoulles ben o ataque e
estiveron ben en defensa. Non foi así o segundo set, no que o mal xogo
de Zalaeta serviu para que o Grupo
encontrase o seu sitio e comezase a funcionar, e cun bo ataque gañaron
con diferenza a un equipo ao que lle falta forma, que necesita máis
tempo e partidos para a súa posta a punto. O terceiro set foi, quizais, o
mellor da coruñesas, comezaron cun parcial en contra de 5-0,
pero trataron de remontar e deron a cara sen lograr superar o rival que
melloraba a medida que avanzaba o encontro. O cansazo e a calorosa
xornada, parecía que pasaba factura ao Zalaeta
que tamén perdía o cuarto cun xogo parecido ao set anterior. Os erros
propios non forzados así como fallos na recepción sentenciaron ao equipo
local, que botou de menos as baixas do día de hoxe, a oposta Patricia,
máxima anotadora da tempada pasada e a central Marga, ausentes por motivos laborais ás que se unía a xa mencionada da central xuvenil, Lydia, cunha lesión cuxo alcance nestes momentos descoñecemos.

   Mañá, domingo, primeiro encontro oficial da tempada, partido de Copa Galicia: FisiomásZalaetaVoleibol Ourense no Ferro Couselo da cidade das Burgas, ás 17:45.

 

  O autobús de Autos Cancela que realizará o desprazamento a Ourense, sairá, como é habitual dende o Instituto Zalaeta ás 14:15.

Boa viaxe e sorte!