/PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA

PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPADA

   
+  FOTOS

   Desprazamento a Xixón para xogar o primeiro partido da pretempada ante o RGC Covadonga con motivo do 75 Aniversario do club anfitrión, que se saldou cun resultado de 3-2 favorable ás gijonesas que se impuxeron nun encontro moi disputado, con parciais 25-20; 20-25; 25-21; 19-25 y 15-6. Dirixido polos colexiados Pidal, Villaplana e Rodriguez, o partido comezou ás 17:00 no Braulio García. Adestradores, local, Pérez e Méndez; visitante, Barreiro e Sánchez.

    RGC COVADONGA: 9 Alba, 2 Prendes, 14 Chamoso, 13 Igrexas, 5 Sánchez, 12 Olga, 16 Delgado, 18 Mirian, 15 Vázquez, 6 Paula e 11 Andrea.

    CV ZALAETA: 2 Cristina García, 7 Paula Lema, 14 Sara Díaz, 13 Lydia Alonso, 11 Patricia Suarez, 3 Sara Amarelle, 6 Andrea Rivas, 15 Rocío Durán, 10 Sheyla Arias e 1 Irene Vázquez.

   
Partido disputado entre dous equipos que buscan a súa posta a punto
nos previos aos comezos da Liga, no que as coruñesas comezaron por
diante e dominando o marcador ao longo do primeiro set cun xogo de
ataque eficaz no que o Grupo non encontraba o seu sitio, pero que na
parte final deste, lograba superarse e remontar claramente para poñer o
1-0 no marcador ante un equipo visitante que sufriu un parón a partir do
punto 22.
    O segundo, ao igual que o anterior, o Zalaeta ponse por diante, e aínda que o xogo está moi igualado, non perde a concentración e empata o partido.
Así son tamén os seguintes sets, alternancia no marcador e no
resultado, coas visitantes mandando os inicios do set pero con
repartición de puntos chégase ao tie-break
no que de forma inexplicable, a coruñesas desaparecen na primeira parte,
8-3, e ceden o encontro ante mellor momento de xogo da locais.
    Preguntámoslle a Chisco
a súa impresión do partido, “foi en partido clásico de pretempada, non
tivo moita intensidade xa que a xogadoras están a adquirir forma, vense
bos momentos de xogo e serven para probar alternativas. Estivo
disputado, con repartición de puntos, pero preocupoume a forma de perder
o quinto”.

Bo ambiente no Braulio García
e en todas a instalacións do Grupo na celebración do seu aniversario,
ao que felicitamos polo seu 75 anos de excelente traxectoria social e
deportiva.