/PRIMEIRA VITORIA DO CVI ZALAETA

PRIMEIRA VITORIA DO CVI ZALAETA

VER FOTOS>

  Esta tarde disputouse o primeiro partido de
Liga Galega Cadete Feminina no que se enfrontaron os equipos Zalaeta e EMEVE en partido oficial correspondente á 1ª xornada, e que finalizou con resultado favorable ao
equipo local por 3-0, con parciais 25-23; 25-17 y 25-16. O encontro tivo unha
duración de 01h. 33m.,y
foi dirixido polo colexiado Francisco L. Barrallo. Adestradores, local, David
Hermida e visitante, Bouza e Bouza.

   CVI
Zalaeta
: 11 Paula ©, 6 Lydia, 1 Irene, 7 Alba, 13 Nerea, 12 Sara, 3 Ana Mª, 4
Paula, 9 Raquel e 10 Carla.
   EMEVE: 2 Arias ©, 9 Barrassa, 10 Mourelos, 4
Rodriguez V., 16 Martinez, 8 Uriz, 6 Araujo, 18 Rodriguez G., 15 Prol, 5 Vázquez,
12 Fernández e 1 Causín.
   Primeiro
partido da tempada para un equipo falto de rodaxe que se mostrou nervioso e
inseguro no primeiro set no que cometeu numerosos fallos, e que lle permitiu ao
EMEVE tomar a dianteira no marcador.  Ao Zalaeta
custoulle remontar ante un rival inferior, que dispuxo na cancha un equipo mais
novo, no que aliñou varias xogadoras infantís pero que creu nas súas
posibilidades ata rematar nun apertado 25-23. A partir do 2º set, o partido foi
tomando outro cariz, coas do Instituto gañando confianza, foron asentándose na cancha
e dominando o xogo con constancia e sen caerse en ningún momento, ben no saque
e en recepción, regular na rede e ben o ataque polas ás e controlando os erros,
marcaron as diferenzas coas lucenses afastándoas no marcador. 
    Mencionar que nesta ocasión, causaron baixa na convocatoria Laura Pardo e Inés Rivas por lesión.
   É este un equipo ao que lle fan falta
partidos para tranquilizarse e desenvolver o seu potencial, que pode darnos
moitas alegrías nesta competición.
TAGS: