/XORNADA 04-05/02/2012

XORNADA 04-05/02/2012

VER FOTOS>

   Esta fin de semán toca xogar fora da casa, os primeiros equipos en desprazarse, foron as Cadetes B e o equipo Infantil Mixto que xogaron sendos partidos no P. de A Gandara en Naron contra o Naron Volea.

   Comenzaron as Cadetes ás 11:15 en partido dirixido polos colexiados R. Riveiros A. Dopico con unha duración de 01h. 20m., que finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 20-25, 16-25, 25-17 e 20-25. Adestradores, local Giñapu e visitante noa Sánchez.
   Narón Volea: 1 Pérez M., 18 Vázquez M., 10 Rodriguez E., 7 García E., 3 Noche A., 6 Yañez M., 8 Paños S., 5 Martínez S., 2 Córdoba R., 7 formoso C., 12 Vilariño A., e 19 Córdoba T.
   CV Zalaeta: 12 Irene, 8 Elena, 10 Raquel, 6 Inés, 8 Celia, 1 Natalia, 5 Alejandra, 15 Alicia, 13 Vicky, 2 Camilla, 7 Laura e 3 Michelle.
  Partido que dende o principio foi dominado polas coruñesas, con menos erros , pero que, aínda sin notarse no marcador, as locais foron a mais ate o 3º set no que lograron impoñerse e poñer en apretos as pupilas de Noa. No cuarto set, con dificultades, o Zalaeta logrou superar ás de Narón e con elo gañaron o partido. Quedando a CLASIFICACIÓN como sigue.
   A continuación enfrontáronse os mesmos clubes na 6ª Xornada da Liga Zonal Infantil, en partido dirixido polos mesmos colexiados, cunha duración de 01h e con resultado favorable os visitante de 0-3, con parciais de 20-25, 21-25 e 21-25.
VER FOTOS>

   Narón Volea: 14 Córdoba T., 1 Vázquez M., 3 Benevento I.,  2 Corral B., 9 López R., 6 Lois S., 11 Fraga T., 15 Pena L., 10 Rpiñeiro I. e 12 Vilariño A.

   CV Zalaeta: 5 inés, 3 Alajandra, 7 Natalia, 9 Celia, 15 Victor, 1 Akalu e 2 Michelle.
   Ambos equipos ofreceron un encontro disputado cun marcador moi axustado no que o Zalaeta logrou a vitoria o dispor dun equipo mais conxuntado e cometer menos erros que as rivais, o que lle permite incluirse nos primeiros postos da CLASIFICACIÓN.

_______________________________________________________________________________________

    Pola tarde foi o turno do equipo de 2º A Feminino, que disputou  o partido correspondente a Xornada nº15 no Municipal de S. Sadurniño, con dirección dos colexiados Riveiros e Borrás e que tivo unha duración de 01h. 15m. finalizando 0-3 con parciais 24-26, 5-25 e 20-25.
   Fisiocheben S. Sadurniño: 4 Hermida N., 7 Corral, 3 Hermida B., 13 López I., 6 LópezM., 5 López A. e 11 Hermida L.
   CV Zalaeta B: 2 Paula R., 1 Paula M., 7 Susana, 3 Lucía, 5 Sofi, 10 Jessy, 8 Patri, 4 Amara, 11 Rita e 15 Andrea.
   As de S. Sadurniño comenzaron o 1º set por diante no marcador, cun xogo ordeado e con poucos erros, o que fixo, que o Zalaeta fose a remolque ate o punto 23 no puido remontar para non ceder a dianteira no  resto do partido. O equipo visitante non  se veu abaixo en ningún intre a pesares de ir por detrás no marcador e demostraron saber remontar. No 2º set, as locais desapareceron, e o Zalaeta, cunha boa defensa recibía e armaba o seu ataque unha o outra vez, e cun bo xogo polas bandas, logrou a maior diferencia do partido. No derradeiro set, a reacción local e a relaxación das do instituto rematou cun parcial de 20-25, co que o CV Zalaeta B continúa o fronte da CLASIFICACIÓN.
_____________________________________________________________________________________
VER FOTOS>

    O partido do Autos Cancela Zalaeta correspondente a Xornada 11 da 1ª División Masculina, celebrouse hoxe sábado, ás 19:00 na Sagrada fronte o Salus Voleibol Oviedo, sendo dirixido polos colexiados Barallo, Suarez e Lago, cunha duración de 01h. 47m., e cun resultado de 3-2 con parciais 18-25,21-25, 28-26, 25-15 e 15-8.  Adestradores, local A. Losada e visitante, Pérez.

   Autos Cancela Zalaeta: 1 Losada, 6 Martinez, 3 García de Dios, 9 Feijoo, 2 Villa, 11 Gómez-Reino, 5 Pereira, 16 Espasandín e 12 De Valenzuela.
   Salus Voleibol Oviedo: 9 Pan, 16 Martín,8 Gómez, 6 López, 11 Suarez, 7 Toncoso, 1 Moro, 4 Menéndez, 16 Cuesta, 5 Fernández e 10 Pérez.
   Encontro cun comenzo froxo por parte do Zalaeta, que continúaba a cometer erros de sempre, que lle impedían mandar no marcador e de novo lastraban as suas ocasións de obter un resultado favorable, ate que no terceiro set, moi disputado, o equipo entrenado por Ángel Losada logrou poñerse por diante no marcador e comenzou a creer nas suas posibilidades, para no 4º set, de novo gañar  logrando a máxima diferencia do pàrtido para forzar o “tie-break” no que se impuxo os ovetenses por 15-8 gañando así o seu primeiro partido da presente tempada. Algo que se facía necesario para coller confianza e demostrarse así mesmos o   potencial das suas posibilidades. A correción dos erros propios e importante para poder articular ese bon xogo de ataque e continuar na senda das vitorias.
   Destacar, no partido de hoxe a recuperación de Angel Losada xa reposto da sua enfemidade, e a incorporación o equipo do xogador de orixe colombiano Juan Diego Villa que despois dunha árdua labor administrativa porfin contaba esta semán co transfer para poder xogar co CV Zalaeta e facer o seu debú na casa ademais cunha inestimable vitoria. No lado negativo, mencionar tamén,  unha nova lesión, neste caso, quedou fora o xogador Brais Gómez-Reino con problemas nun xeonllo, o que lle desexamos unha pronta recuperación.

VOLEIBOL / PRIMERA MASCULINA  zalaeta 3 oviedo 2

El Zalaeta estrena su casillero de victorias ante el Oviedo

 https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2012/02/05/zalaeta-estrena-casillero-victorias-oviedo/577393.html
____________________________________________________________________________

   O desprazamento o domingo era a Cambados para enfrontarse o XAV Cambados naS categorías femininas de Cadete, Xuvenil e 2ª A.
VER FOTOS>

   O primeiro partido deu comenzo as 10:00, de Liga Galega Cadete, foi dirixido polos colexiados Dominguez e Cordeiro, e tivo unha duración de 01h. 45m. e finalizou cun resultado de 2-3 con parciais 25-21, 25-15, 16-25, 23-25 e 4-15. Adestradores, local, Oubiña e visitante David Hermida.

   XAV Cambados-Porvaz: 3 Durán, 8 Bao, 4 Abal, 7 Cores, 2 Gonzalez, 9 Martinez, 17 Prego, 10 Vintoso e 6 Gonzalez S.
    CV Zalaeta: 16 Rivas A., 8 Ceba, 1 Maneiro, 13 Villaverde, 8 Tabeayo, 7 Delgado, 11 Costoya, 17 Alonso, 14 pardo, 6 Rivas I. 18 Bermudez.
   O Zalaeta tivo un comenzo de partido moi froxo, e XAV todo contrario, de modo que as locais se apuntaron os dous primeiros sets superando as rivais en todalas facetas do xogo. Pero no 3º set, as do Instituto mostraron outra cara correxindo os erros que estaban cometendo e mellorando en recepción, o que lles permitiu construir mellor o ataque para dobregar ás de Cambados, e chegar a un 4º set moi disputado, sobre todo nos derradeiros puntos, e que finalizou cun apretado 23-25. Xa no “tie-break”, o Zalaeta lanzado pola vitoria non deu opción e impúxose coa maior diferencia do partido. Nesta 2º volta, o Zalaeta vai superandose, ainda que, de momento, con poucas opcions na CLASIFICACIÓN.

                

VER FOTOS>

   A continuación, o partido de Xuvenís, dirixido polos mesmos colexiados, tivo unha duración de 46m. e finalizou 0-3 con parciais de 10-25, 6-25 e 13-25. Adestradores, local Gómez e visitante, Fernando Cueto.

   XAV Cambados Escuma: 14 Buceta, 8 Bao, 6 Vidal, 5 Rey, 9 Baña, 7 Cores, 17 Prego e 10 Ventoso.
   Fisiomás Zalaeta: 9 Maca, 18 Paula M., 6 Patri, 3 Sofi, 5 Jessy, 13 Amara, 11 Rita, 7 Marta, 15 Andrea, 14 Paula L. e 17 Lydia.
   Partido de trámite para o Fisiomás Zalaeta que se impuxo cómoda e rapidamente as de Cambados. Demostrou unha boa defensa que recuperaba balons para fabricar ataques dende calquera posición a un ritmo vertixinoso que non foron capaces de parar as locais en ningún intre. As coruñesas continúan de este modo na parte alta da CLASIFICACIÓN.

   Rematou a xornada co partido de 2ª A Feminina entre o XAV e o Zalaeta B nu partido dirixido polos colexiados Dominguez e Cordeiro que finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 15-25, 19-25 e 24-26.

   Foi un partido no que as de Cambados foron de menos a mais, no que chegaron a 3ª manga con posibilidades de facerlle un set as da Coruña que xogaron moi relaxadas e confiadas en que a sua calidade resolvería o partido o seu favor. Pero conven no relaxarse, e menos ante un cadro veterán coma as locais, que en un descuido poden facerche un decosido e non significa mais que unha perda de puntos que pode tumbar as estadísticas. Coma sempre, o Zalaeta, ben en defensa e armando ben o ataque, logra outro bon resultado co que continuar o mando da CLASIFICACIÓN.

TAGS: