/PRÓXIMOS PARTIDOS, 12 E 13 NOVEMBRO

PRÓXIMOS PARTIDOS, 12 E 13 NOVEMBRO

  O equipo de SF2 desprázase a Torrelavega para enfrontarse ao equipo local en partido correspondente á xornada nº 8.
   As cántabras xogan en casa despois do desprazamento a Lugo a semana pasada onde perderon ante o EMEVE e agora tratarán de lograr a vitoria na súa cancha para sumar uns puntos que lles permitan non afastarse da parte alta da táboa, na que ocupan a 6ª posición.
  O FisiomásZalaeta tamén perdeu o seu partido a xornada anterior ante Alcobendas, e ocupa un dos últimos postos da táboa.
  O equipo de Barrero pasa por un mal momento no que os resultados non lle acompañan a pesar de desenvolver un bo xogo. Nos últimos partidos xogados en casa ante Soria e Alcobendas, as diferenzas foron escasas, con erros puntuais e púidose haber puntuado e mesmo gañar algún destes encontros, polo que a actitude do equipo será fundamental para lograr algo positivo neste desprazamento.
  O Zalaeta vaise asentando a medida que transcorren os partidos e a adaptación das xogadoras á categoría aos poucos deberá de traducirse en resultados positivos.

  O partido comezará o sábado ás 18:00 no municipal La Habana Vieja de Torrelavega, para o que o autobús de AUTOSCANCELA no que se realizará o desprazamento, sairá ás 10:00 da mañá do Instituto Zalaeta como é habitual.

SORTE E BOA VIAXE!!


  Partidos de Ligas Galegas.

  O resto de equipos de club encadrados en competicións autonómicas, xogan os seus partidos correspondentes á 6ª xornada en casa, quedando os emparellamentos como segue:

  1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOSCANCELA ZALAETA  Vs  CV BRUXAS  DOMINGO 13  BARRIO DAS FLORES  10:30.
 
  1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOSCANCELA ZALAETA  Vs  CV BRUXAS  DOMINGO 13  BARRIO DAS FLORES  12:30.
 
  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  Vs  CV BRUXAS  DOMINGO  13  BARRIO DAS FLORES  12:30.
 
  2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  Vs  CV NARÓN VOLEA  DOMINGO 13 BARRIO DAS FLORES  10:30.