Clasifícanse para a fase de ascenso dous equipos por grupo, igual que para Copa Princesa, no Grupo A, o Torrelavega xa ten a súa praza asegurada, mentres o Cuesta Piedra deberá de esperar ao seu partido ante La Curtidora para certificar o seu pase aos play off de ascenso, mentres o Grupo depende dunha vitoria das de Avilés en Tenerife e de non fallar en Valladolid para así poder superar ás canarias e ocupar a 2ª praza do Grupo A.
No Grupo B, a cuestión xa está decidida, xogarán o DSV San Cugat e o Motorsan Guadalajara Voley.
O FisiomásZalaeta aspira a finalizar a competición con vitoria no último partido que toca xogar fóra de casa con desprazamento a Teis para medirse no derby galego ao Xuvenil Teis.
Ambos os equipos atópanse na zona baixa da táboa, o Xuvenil aínda non estreou o seu marcador de vitorias mentres o Zalaeta conta cinco vitorias na presente tempada. Será un partido de difícil prognóstico, os derbys teñen un plus de competitividade distinto que os fai diferentes a outros partidos de liga, iso unido a que é o que pecha a tempada e os dous equipos quererán despedirse con vitoria.
Jorge Barrero conta con todo o persoal para o partido do sábado, para tratar de facerse cos puntos en xogo e sumar nunha clasificación que por resultados sitúase máis na zona media da táboa. Boa semana de adestramentos dun persoal motivado, que ao longo da tempada non deixou de figurar no Sete Ideal ou nos Tops da Xornada, onde esta semana tocoulle a quenda á receptora Chey Arias que se coloca en segunda posición da clasificación de Melloras Receptoras cun 77% de eficacia. Parabéns!
XUVENIL TEIS Vs FISIOMÁSZALAETA SÁBADO 5, 18:00 MUNICIPAL DE TEIS
1ª DIVISIÓN SENIOR
CALDARIA VOLEYOURENSE Vs AUTOS CANCELA ZALAETA, SÁBADO 5 13:30 P.COMISARIA POLICIA NACIONAL, OURENSE.
1ª DIVISIÓN XUVENIL
MEL-FROR EMEVE Vs AUTOS CANCELA ZALAETA, DOMINGO 6 12:00, PAZO DOUS DEPORTES, LUGO.
2ª DIVISIÓN CADETE
C V ZALAETA Vs IES AMES SÁBADO 5 11:00, PAVILLÓN INSTITUTO ZALAETA.
1ª DIVISIÓN INFANTIL
COLEXIO GUILLELME BROWN Vs C V ZALAETA, SÁBADO 5 12:15, P. A CARBALLEIRA