/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, XORNADA 16 DE SF2.

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, XORNADA 16 DE SF2.


  Encaramos a recta final da liga e ao FisiomásZalaeta tócalle facelo lonxe do Barrio, cun primeiro encontro nesta parte final fora de casa en Valladolid ante en UVA

  Preséntase interesante esta 16ª xornada de SF2 para o Grupo A de a categoría, xornada que debe de comezar a definir xa os postos de cabeza que darán paso aos playoff de ascenso. O Costa Pedra descansa, tranquilo, aínda conserva unha marxe de puntos que lle aseguran a segunda posición, o Torrelavega enfróntase ao CAEP con 10 puntos de diferenza sobre as de Soria e na metade da táboa os enfrontamentos son entre eles. O Grupo mídese ao EMEVE en casa con intención de puntuar para apurar a súa posibilidades de entrar na cabeza da táboa e o Valladolid recibe ao Zalaeta.
  É por tanto unha xornada que pode resultar propicia para o equipo de J. Barrero, que aproveitando a boa racha de xogo na que se atopa, puntuar en Valladolid é perfectamente factible, o que supoñería superar ao UVA na clasificación. Unha vez máis, presión para o rival, equipo  debutante esta tempada na categoría que deberá referendar na súa cancha ante un rival directo, a boa tempada que está a realizar e defender a súa posición ante o asalto das coruñesas.
  Puntuando en todos os partidos do ano, o Zalaeta tratará de poñer en apertos ao rival no sempre complicado Fuente de la Mora, mañá sábado a partir das 20:30, partido que será retransmitido en streaming.
  Nas Ligas Autonómicas, os encontros previstos son en 1ª Senior e 1ª Xuvenil, xornada nº 17 na que recibiremos a visita de EMEVE que se desprazará par xogar no Pavillón do Instituto.
  1ª Div Senior Xogará o seu encontro ante o conxunto lucense, último clasificado da categoría, e tratará de defender a súa vantaxe na terceira posición que agora ocupa cunha cómoda marxe de puntos sobre o cuarto clasificado.
  Máis complicado é o partido das xuvenís que se enfrontan ao líder da categoría tratando de recortar diferenzas coa cabeza, pero sobretodo con intención de defender a terceira posición, que agora ocupan de maneira provisional, e que lle dá acceso á seguinte fase da liga que será a que decida a clasificación final.
  Por outra banda, os equipos de 2ª Div Cadete e 1ª Div Infantil, descansan esta semana xa que os seus compromisos correspondentes a esta xornada, foron adiantados aproveitando desprazamentos anteriores.

1ª DIV. SENIOR
    AUTOS CANCELA ZALAETA   Vs   MEL FROR EMEVE    DOMINGO  ÁS  16:30  PAVILLÓN  ZALAETA


1ª DIV XUVENIL
    AUTOS CANCELA ZALAETA   Vs   MEL FROR EMEVE    DOMINGO  ÁS  18:15  PAVILLÓN  ZALAETA