Desprazamento a Lugo para disputar o derby de SF2 correspondente á xornada 14 ante o equipo local, o EMEVE.
Importante partido para ambos os conxuntos, aínda que a ningún a vitoria supoñeríaa escalar postos na clasificación, se lle serviría para afianzarse na zona media da táboa e sobre todo para solucionar as súas diferenzas na presente tempada.
O EMEVE con 5 vitorias e 17 puntos ocupa a quinta posición, vén de encaixar unha derrota no Municipal de Lugo ante o Líder, o Torrelavega.
O FisiomásZalaeta, 4 vitorias e 13 puntos, atópase dous postos máis abaixo que o seu rival, e a vitoria serviríalle para recortar diferenzas e aproximarse ao UVA que lle precede na clasificación. No partido anterior, derrota pola mínima ante o Tenerife no Barrio, resultado que significou sumar un punto, pero que deixou un sabor amargo ao ter a vitoria ao alcance da man.
Cunha moral alta afronta o Zalaeta a xornada do próximo sábado despois de dúas xornadas en casa moi esixentes ante os primeiros clasificados do grupo e que se saldaron cun bo balance de puntos, tres de seis que non está nada mal tendo en conta os rivais. Destes dous partidos protagonizados polas coruñesas, saíron as MVP de ambas as xornadas.
Na última xornada a colombiana do Cuesta Piedra, Wanda Banguero, realizou unha sobresaliente actuación na que se destacou como Máxima Anotadora e Mellor Atacante, nunha clasificación na que esta semana tamén aparece a líbero do FisiomásZalaeta Sofía Hidalgo, que cunha porcentaxe do 80% de 20, sitúase en segundo lugar na categoría de Mellores Líberos.
O partido, EMEVE Vs FISIOMÁSZALAETA o sábado 30 ás 20:00 no Muncipal de Lugo.
1ª DIV. SENIOR
AUTOS CANCELA ZALAETA Vs AD XIRIA ASESORÍA CERVANTES Ás 10:00
1ª DIV. XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CV RIBEIRA SACRA Ás 12:00
2ª DIV. CADETE
CV ZALAETA Vs CV RIBEIRA SACRA Ás 12:00
1ª DIV. INFANTIL
CV ZALAETA Vs CV RIBEIRA SACRA Ás 10:00