/REGRESA A SF2 AO BARRIO DAS FLORES

REGRESA A SF2 AO BARRIO DAS FLORES

 

 Coas ligas Autonómicas xa en marcha, este fin de semana volve a SF2 cun interesante enfrontamento no Barrio da Flores no que o FisiomásZalaeta recibe ao líder CV Torrelavega.
  O equipo de Barrero retoma a competición despois do parón do Nadal con toda a súa plantilla dispoñible, e un bo nivel de adestramento durante as vacacións, e unha primeira toma de contacto coa competición despois do amigable xogado o pasado domingo ante o EMEVE no Municipal de Lugo, no que as coruñesas se impuxeron por 2-3 nun partido no que necesitaron do quinto set para decidir ao seu favor nun partido moi igualado.
  Cos puntos en xogo, o do sábado, será un encontro diferente, o Zalaeta necesita puntuar nunha xornada na que os equipos cos que se disputa a clasificación xogan entre eles e sería unha boa ocasión para clarificar as posicións.
  Será complicado, o conxunto cántabro, que o pasado día 10 se proclamou campión de Cópa Princesa, virá confiado no seu bo momento, e será un rival difícil de bater coa súa colocadora Cristina Sanz como MVP da competición copeira, á fronte dun equipo que a pasada tempada xa estivo entre os mellores de ambos os grupos da SF2.
  De todos os xeitos, coas espadas en todo o alto, o partido, o sábado 16 ás 19:00.
  Esperámosvos no Barrio das Flores!!
………………………………………….

  O resto de partidos do fin de semana do CV Zalaeta correspondentes ás competicións galegas desenvólvese en Ourense, cidade á que se desprazarán  o domingo todos os equipos para xogar os seus correspondentes compromisos, excepto o de 1ª Div Infantíl que apraza o seu partido co VoleyOurense.

  Os horarios son os seguintes:

1ª DIV. XUVENIL:

DOMPA XESTIÓN  Vs  AUTOS CANCELA ZALAETA   10:15   P.M. VOS REMEDIOS

1ª DIV. SENIOR:

DOMPA XESTIÓN  Vs  AUTOS CANCELA ZALAETA   12:00  P.M.  VOS REMEDIOS

 2ª DIV. CADETE:

BURGAS-IES ALLARIZ  Vs  CV ZALAETA     12:00
DOMPA XESTIÓN     Vs     CV ZALAETA       14:30    PAVILLÓN IES A CARBALLEIRA