SF2
Segundo derby autonómico da tempada no Barrio das Flores onde este sábado o FisiomásZalaeta recibirá ao Xuvenil de Teis para xogar o partido correspondente á novena xornada de SF2 e que ademais significa o peche da primeira volta do campionato.
Enfróntanse dous equipos que esta tempada atópanse na parte baixa da táboa, polo que á rivalidade do choque temos que sumar a necesidade de puntos que teñen ambos os conxuntos, para os que puntuar é sumamente importante.
Os dous equipos enfrontáronse a semana pasada ao mesmo rival, o CAEP Soria, e os dous perderon con idéntico resultado, 1-3, que os mantén nas mesmas posicións, as de Teis pechan a clasificación e as coruñesas, mellor situadas, en sétimo lugar manteñen unha renda de catro puntos co seu inmediato perseguidor, A Curtidora de Avilés.
Para o adestrador Barrero o partido é importante, “é dos partidos que a priori debemos de gañar, aínda que un derby sempre é complicado xa que interveñen outros factores que poden cambiar o partido. Somos dous equipos que nos coñecemos ben, por iso sabemos que non debemos de fiarnos das pupilas de Veloso que virán a dalo todo para levar os puntos. A boa semana de adestramentos e a recuperación das xogadoras lesionadas son as nosas mellores bazas para impoñernos na nosa cancha”.
As lesións van remitindo, polo que non se esperan cambios tácticos que alteren a posicións naturais das xogadoras e iso dará máis consistencia e seguridade ao xogo do equipo, que dará o máximo para lograr un bo rendemento apoiado polo público na cita do sábado 5 ás 19:00 no Barrio das Flores, de onde se espera que non saian os puntos en xogo.

………………………………………………………………………………………………….
O resto da xornada, correspondente as Ligas Autonómicas, terá lugar na casa, no haberá desprazamentos para os equipos do CV Zalaeta, que celebrará todolos seus encontros o sábado 5 no Pavillón do Instituto cos seguintes horarios:
1ª División Infantil Feminina:
10:00 CV ZALAETA Vs EMEVE
1ª División Xuvenil Feminina:
11:45 AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CALASANCIAS
2ª División Cadete Feminina:
13:15 CV ZALAETA Vs VOLEIBOL LUGO
1ª División Senior Feminina:
16:00 AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CALASANCIAS