/SF2: DESPRAZAMENTO A XIXÓN

SF2: DESPRAZAMENTO A XIXÓN

  Novo desprazamento para o FisiomásZalaeta na sexta xornada de SF2 para enfrontarse ao Real Grupo Cultural Covadonga no Braulio García de Xixón ás 17:00 do próximo sábado día 14.

  O Zalaeta viaxa a terras asturianas coa intención de puntuar ante un rival complicado, aínda que o Grupo leva dúas derrotas, perdeu os seus encontros fóra de casa en Soria e Torrelavega, na súa cancha venceu os dous encontros disputados ambos por idéntico resultado de 3-0, o que indica o seu perigo no Braulio García.
  “É practicamente o mesmo equipo que a tempada pasada, explícanos Barrero, que ten na receptora Cristina Chamoso á súa máxima anotadora e referencia en ataque, e conta coa tamén receptora Miriam Diéguez e a colocadora Alba Hernández, veteranas coñecedoras da categoría. Preséntase un encontro complicado, o Grupo é sempre un rival difícil e máis na súa cancha, pero viaxamos coa intención de puntuar e inaugurar o noso marcador fóra de casa ante un equipo rival directo na categoría co que seguramente nos disputaremos a clasificación ao final de tempada”.
  As coruñesas viaxan coa moral alta despois dunha boa semana de adestramento e sabendo do seu bo momento de xogo. A pesar dos resultados adversos, saben que son capaces de poñer en apretos a calquera rival, tamén a domicilio e esperan poder concretar en Xixón o seu dominio cunha vitoria que lles permita recuperase na clasificación, polo que se espera un partido disputado e moi competido.
  Serán baixa para este desprazamento, a receptora Irene Vázquez e a líbero Sofía  Hidalgo, ambas as por motivos particulares e incorpórase por primeira vez ao equipo de SF2 a líbero xuvenil Paula Lema.

  Como sempre, o desprazamento será no autobús de Autos Cancela, que realizará a saída desde o punto habitual, o Instituto de Zalaeta, ás 11:00 do sábado.

 Boa viaxe e boa sorte!